Lugo, 25 de novembro de 2018. O voceiro do BNG na Deputación, Xosé Ferreiro, deu conta da presentación dunha serie de emendas aos orzamentos da Deputación. Ferreiro sinalou “o curto espazo de tempo que o goberno provincial nos facilitou para a presentación das emendas” e lembrou que “a penas tivemos unha fin de semana para presentar as nosas propostas despois de que se nos entregara a proposta de orzamentos presentada polo goberno”.
Ferreiro explicou que “a maior parte das emendas que presentamos recollen partidas que xa foran comprometidas polo goberno e non foron adxudicadas ou ben corresponden a iniciativas plenarias que foron aprobadas pero nunca executadas”. O voceiro do BNG puxo como exemplo a partida de 1,5 millóns de euros para continuar as obras da estrada entre Navia e Fonsagrada “esta obra é unha débeda histórica da Deputación coa montaña de Lugo por que leva décadas planificada e aínda non se rematou”.
Entre as emendas do BNG figuran partidas para completar o finanzamento das escolas de música e conservatorios da provincia. Ademais tamén se destinan fondos para o fucinamento da Residencia de maiores de Sarria, a este respecto Ferreiro sinalou “sería discriminatorio que estar Residencia de xestión municipal non recibise ningún fondo mentres que a Deputación está destinando cantidades millonarias a instalacións similares noutros concellos”. En canto a infraestruturas destacan as partidas para a estrada Navia-Fonsagrada, o pavillón polideportivo de Burela, a restauración da casa natal de Díaz Castro en Guitiriz e a creación dunha senda verde entre a Campiña e o Paseo do Rato en Lugo.
Remanentes baixo o control do Pleno
O voceiro do BNG incidiu en que “calquera investimento, sexan obras, servizos ou de calquera outra natureza, financiado cos remanentes de tesourería do ano 2018 terá que estar perfectamente concretado e especificado así como aprobado polo Pleno” e explicou “a Deputación non pode permitirse máis repartos arbitrarios de cartos, foi o BNG que promoveu o Plan Único que permite máis autonomia aos concellos e imos seguir traballando para evitar as arbitrariedades”. Ferreiro sinalou que “presentamos emendas ás bases de execución para que esta filosofía de reparto de fondos se extenda, tamén ás subvencións e ás modificacións de crédito”.
EMENDAS DO BNG AOS ORZAMENTOS DA DEPUTACIÓN
Bloque número 1:
Emendas para financiar acordos do Pleno ou proxectos que o BNG ía levar nos próximos meses ao pleno:
EMENDA
ORZAMENTO 2019
Observacións
1.
Continuación das obras da estrada de Navia – A Fonsagrada
1.500.000 €
1.500.000 para o orzamento do 2020)
2.
Senda verde ata a Campiña e nacemento do Rato
250.000 €
(250.000para o orzamento do 2020)
3.
Subvención á residencia de Sarria
300.000 €
4.
Axuda á Asociación Músico Crisanto
+ 42.000 €
(Sería un incremento. Xa están previstos18.000 €)
5.
Aumento da aportación aos conservatorios
+ 30.000 €
(Sería un incremento. Xa están previstos 45.000 €)
6.
Liña de axudas ás escolas de músicas municipais
100.000 €
7.
Liña de axudas ás ANPAs da provincia
100.000 €
8.
Programa de acceso de todas as nenas e nenos en idade escolar da provincia de Lugo ás piscinas climatizadas existentes na provincia.
70.000 €
9.
Recuperación da axuda ás pandeiras do Piornedo
4.000 €
10.
Instauración dunha liña de axudas aos concellos que elaboren un plan de conciliación da vida familiar e laboral fóra do horario escolar.
150.000 €
11.
Financiamento por parte da deputación da parte que lle corresponda para a construción dun novo pavillón de deportes en Burela.
Estase a calcular o que se necesitaría para o primeiro ano
12.
Restauración da casa natal de Díaz Castro
100.000 €
(500.000 € para o orzamento do 2020)
TOTAL:
2.646.000 €
Bloque número 2:
Emendas para un reparto obxectivo dos fondos da Deputación, incluídos os remanentes de tesourería:
1.
Base de execución: Calquera investimento, sexan obras ou servizosou de calquera outra natureza, financiado cos remanentes de tesourería do ano 2018 terá que estar perfectamente concretado e especificado así como aprobado polo Pleno.
Todos os remanentes de tesourería que non se invistan por esta vía ou estean comprometidos por este orzamentos, serán destinados a incrementar o Plan Único para os Concellos ou, se este estivera xa aprobado, repartiranse para todos os concellos polo mesmos criterios
2.
Base de execución:Todas as subvencións que non estean incluídas nas nominativas destes orzamentos terán que ser aprobadas polo Pleno
3.
Base de execución:Calquera modificación de crédito que se faga nestes orzamentos terá que ser aprobada polo pleno, sexa cal sexa o seu importe





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



