Lugo, 19 de novembro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe o acto conmemorativo do Día Mundial en Lembranza das Vítimas de Accidentes de Tráfico. No acto, que se celebrou diante da Xefatura provincial de Tráfico, Isabel Rodríguez deu lectura a un manifesto tralo que se gardou un minuto de silencio para recordar ás persoas que perderon a vida ou resultaron feridas en sinistros de circulación. Xunto coa subdelegada do Goberno participaron na conmemoración o Xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez; a Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira; o Deputado provincial de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o Xefe territorial de Presidencia, Ramón Carballo, así como persoal da DXT e representantes de distintas asociacións e colectivos sociais.
A subdelegada do Goberno lembrou ás vítimas do tráfico e aos seus familiares e aproveitou para facer un chamamento a todos os condutores para que respecten as normas de circulación e eviten comportamentos como o uso de teléfonos móbiles ao volante ou viaxar sen o cinto de seguridade. Segundo os datos da DXT, en máis da metade dos accidentes mortais producidos en vías interurbanas da nosa provincia, o 52,6%, concurre a conducción distraída ou desatenta como un dos factores. Tocante ao uso do cinto, en Galicia case a cuarta parte dos falecidos no que vai de ano non levaban posto este elemento de seguridade.
Este ano, ata o 17 de novembro, rexistráronse na provincia 2.740 accidentes, nos que perderon a vida 22 persoas, 79 resultaron feridas graves e 606 leves.
O manifesto conmemorativo do Día Mundial en Lembranza das Vítimas de Accidentes de Tráfico destaca que “as mortes e feridas por accidente de tráfico son acontecementos súbitos, violentos e traumáticos, con impacto de longa duración, a miúdo permanente. Cada ano, millóns de novos feridos e familiares afectados de cada rincón do mundo engádense aos incontables millóns que xa sofren como resultado dun accidente de tráfico.
A inmensa dor e a angustia experimentada por gran número de persoas é maior porque moitas das vítimas son xóvenes, porque moitos dos accidentes puideron e deberon evitarse e porque a resposta ante os mortos e feridos na estrada e cara as vítimas e os seus familiares é a miúdo inadecuada, incomprendida e inapropiada en relación á perda dunha vida ou da calidade de vida.
O día en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico tenta responder á necesidade de recoñecemento público da perda e o sufrimento que teñen as vítimas de accidentes de tráfico.
Este día é tamén unha ferramenta importante para os gobernos e todos aqueles que traballan para a prevención ou no post-accidente, xa que dá oportunidade de demostrar a enorme escala e impacto de mortes e feridos nas vías públicas e a necesidade urxente de accións eficaces.
A resposta dos gobernos de todo o mundo ao chamamento da ONU para o recoñecemento oficial do día Mundial en Lembranza das Vítimas de Accidentes de Tráfico amosa a seriedade coa que tratan o complexo tema do risco nas vías públicas e a reducción de accidentes de tráfico. E o seu compromiso á causa é seguido de preto polas vítimas de accidentes de tráfico e ONG de Prevención de Accidentes de Tráfico afíns.
Este ano 2018 o lema oficial é ´´as rúas e estradas contan historias“, ogallá consigamos entre todos que todas as estradas conten historias felices”.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



