Madrid, 21 de novembro de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, instou hoxe ao Goberno e a Alcoa a reaccionar para dar unha resposta urxente á situación que atravesa a empresa en Galicia e Asturias. Así o manifestou tras participar na mesa de traballo convocada polo Goberno á que asistiron, ademais, representantes do Principado, das administracións locais da Coruña e de Avilés e os sindicatos.
Conde reiterou que a Xunta está aberta ao diálogo e á colaboración co Goberno central porque defende a unidade de acción, remarcou. Pero tamén fixo fincapé nos tempos para subliñar que urxe que se consigan avances que, na xuntanza, dixo, “non se produciron”, nin por parte do Goberno nin por parte de Alcoa, que rexeitou asistir ao encontro. “Non se plantexaron medidas concretas para desbloquear a situación e, polo tanto, temos un traballo por diante”, asegurou.
Segundo precisou, o plantexamento segue a ser o de defender os postos de traballo e concentrar todos os esforzos para que a multinacional retire da mesa o ERE e se abra a negociar. E, para iso, asegurou, o Executivo galego quere achegar propostas consensuadas co resto de empresas electrointensivas de Galicia, coas que onte mesmo constituíu un grupo de traballo para identificar as súas necesidades a curto e longo prazo. “Precisamos solucións concretas, precisamos avances, porque cada vez queda menos tempo e necesitamos respostas por parte do Goberno e por parte de Alcoa”, subliñou.
Un marco enerxético estable
O conselleiro sinalou que o Goberno central sabe que conta co apoio de Galicia na tarefa de establecer unha folla de ruta concreta e precisa en materia de política enerxética. Un marco estable que permita ao sector -do que dependen 4.500 traballadores e traballadoras en Galicia- seguir desenvolvendo a súa actividade e incrementando a súa competitividade cun custo enerxético homologable e comparable ao do conxunto de países europeos.
En palabras de Conde, toda proposta que se consiga artellar para dar á industria e, en particular, aos traballadores e traballadoras de Alcoa certezas e repostas, contribuirá a que non se tensione á alza o prezo da electricidade en España que, neste momento, engadiu, é o principal argumento que pode motivar decisións como o ERE que vén de presentar a multinacional norteamericana.
Reiterou, así, a importancia de establecer medidas urxentes polo feito de que estamos nunha conta atrás; e estruturais, é dicir, que permitan de cara ao futuro deseñar un marco enerxético que dea estabilidade e garantías ás empresas electrointensivas e que non repercuta sobre a súa competitividade.
Nese sentido, considerou necesario que a poxa convocada para a primeira metade do 2019 non achegue máis incertezas ás empresas que concorren e que se oferte a totalidade do máximo de megavatios, que son 2.929MW. Tamén, que se executen os fondos consignados nos Orzamentos Xerais do Estado para que as electrointensivas poidan compensar os gastos da poxa de 2018. E, en terceiro lugar, instou ao Goberno a que estableza medidas de compensación, como as que ten previstas para compensar os custos indirectos de emisións CO² ou os incrementos da tarifa eléctrica polo fomento das enerxías renovables.
Neste momento, concluíu, “a sensación é de preocupación polo posicionamento de Alcoa e pola falta de propostas”, posto que desde a última reunión, lembrou, “non se produciu ningún tipo de plantexamento e precisamos avanzar para poder dar unha resposta concreta aos traballadores e traballadoras e garantir a actividade industrial”, que é o principal obxectivo da Xunta de Galicia. “Precisamos unha rectificación por parte da empresa e do Goberno”, aseverou.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



