Cervo, 26 de novembro de 2018.- O pasado 23 de novembro tiveron lugar dúas actividades relacionadas coa exposición de útiles do paleolítico, a cal permanecerá aberta na Casa do Concello de Cervo ata o día 30 de novembro. Nas actividades da mañá participaron arredor de cincuenta alumnos do IES Marqués de Sargadelos quen, ademais de asistir a unha charla do director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, Eduardo Ramil, participaron nunha clase práctica de fabricación de útiles líticos e posteriormente tiveron a oportunidade de elaboraren algunha destas ferramentas.Xa pola tarde, no Salón de Plenos do consistorio, Eduardo Ramil pronunciou diante dunhas cincuenta persoas unha interesante conferencia sobre quen eran, como vivían e que pegadas nos deixaron os primeiros poboadores da Mariña.
Pola exposición tamén pasou o xoves 22 de novembro o alumnado do colexio de Cervo; un total de oitenta e dous nenos e nenas que, ademais da visita guiada, participaron nun obradoiro de elaboración de útiles do paleolítico.A exposición, así como as distintas actividades de divulgación organizadas por Mariña Patrimonio e a Asociación Cultural Fervenza de Sargadelos, enmárcanse na celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial como resposta á iniciativa da Rede do Patrimionio Cultural. Na súa realización contou coa estreita colaboración da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e mais do Concello de Cervo.As asociacións organizadoras queremos agradecerlles tanto ao director do Museo de Vilalba, Eduardo Ramil, coma ao concelleiro de Patrimonio de Cervo, Alfredo Fernández, a súa colaboración e implicación na divulgación do noso patrimonio.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



