Foz, 7 de novembro de 2018. Este venres, 9 de novembro, comeza unha nova edición do tradicional Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz e que repartirá durante este mes 2.400 euros en vales de compra. Un total de 41 establecementos comerciais e 13 locais de hostalería participan nesta campaña na que se premiará unha vez máis a fidelidade dos seus clientes.
Os días 9, 16, 23 e 30 de novembro celebraranse os sorteos de 300 euros en vales de compra ao que cante en primeiro lugar o Campañazo e outros 300 euros para o resto de cartóns premiados. Os sorteos realizaranse cada venres, en directo a partir das 23:00 horas, por Radio Foz, no 107.4 da FM.
No Campañazo de Foz participarán os seguintes establecementos comerciais: Alain Afflelou Óptica, Asesoría Marcos Fernández, Buxo Xogos, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Dietética Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chuvia, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco nº2 (García Lorca), Farmacia Antonia Ulloa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería Bahía, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mi Momento Gourmet, MRW, OfiFoz, Pastelería Anduriña, Peluquería Luz, Peluquería Ramoné, Salai Campo, Sueños, Suministros Veipa, Unique 2, Vagaluz, Viajes Rodríguez e Zapatería Carmen León.
Ademais nesta campaña, organizada por CCA/ACIA Foz, tamén participan os seguintes locais de hostalería: A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Casa Damián, Casa Maño, Costumes do Mar, Pizzería Xoiña, Portochico, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Xoyma.
O Concello de Foz e Radio Foz colaboran co CCA de Foz na organización desta actividade para incentivar as compras no comercio de proximidade e o consumo nos locais de hostalería da vila.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



