Burela, a 17 de novembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés acusou hoxe ao PSOE e ao BNG de “cínicos” porque “durante o Goberno bipartito na Xunta foron incapaces de cambiarlle o teito ao Hospital de Burela ou reformar Xinecoloxía, tampouco dicían ‘nin pío’ sobre a ampliación nin ampliaron servizos e agora critican a ampliación do Hospital e mesmo a ampliación de servizos feita desde 2012 ata agora”.
Para os populares de Burela, “o secretario xeral dos socialistas lucenses, Álvaro Santos, que vén a Burela en coche oficial e pagado pola Deputación, non tén nin idea do que é o Hospital da Mariña e fala de oídas. Polo tanto, debería enterarse antes de abrir a boca. Os socialistas, desde 2005 a 2009, non fixeron absolutamente nada polo Hospital. Foi no 2012 cando se comezou a traballar na ampliación do centro, que dende entón vai cumprindo os prazos establecidos, e se puxeron en marcha servizos coma HADO ou Oncoloxía e se realizaron melloras en Oftalmoloxía. Algo que eles nin tan sequera plantexaron”, matizan.
Así mesmo, consideran dende o PP que “sería bo que antes de dicir o que di falase co alcalde de Burela que non apoiou no seu día o PXOM que posibilita que esta ampliación se faga e que o mércores estaba tan encantado coas obras que mesmo chegou a afirmar que acendería as luces de Nadal coincidindo coa posta en funcionamento desta ampliación. O mesmo alcalde que, no seu discurso, quén sabe se por vergoña ou por falta de convicción, en ningún momento citou as verbas ‘área sanitaria’”, continúan.
Desde o Grupo Municipal Popular consideran que “o BNG foi cómplice do PSOE de que non se lle tocase ao Hospital da Mariña e de que non se ampliasen servizos durante a Xunta bipartita. Polo tanto, non están lexitimados para demandar nada”.
Os populares afirman tamén que “os prazos para levar a cabo a total ampliación e remodelación do Hospital estanse a cumprir conforme ao que se manifestou no seu día e estamos seguros que os usuarios valorarán positivamente as novas instalación”. É por iso polo que cren que “PSOE e BNG deberían pedir perdón por non ter feito nada no Hospital durante a Xunta bipartita e deixar de intoxicar á cidadanía”.
O Grupo Municipal Popular de Burela acusa a PSOE e BNG de “cínicos” por “non ter feito nada polo Hospital durante o bipartito na Xunta e agora criticar a ampliación e a mellora de servizos”
-
Seguinte
O presidente da xestora local do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco, reuniuse hoxe xunto ao deputado autonómico Daniel Vega, e o deputado nacional Jaime de Olano, con representantes de asociacións sociais e culturais da vila continuando así co seu labor de escoita e aproximación ao tecido socio-cultural de Burela





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



