A Pontenova 29-11-18. O Salón de Plenos do Concello da Pontenova acolleu este xoves o acto de proclamación de Fillo Adoptivo ao médico afincado neste vila, Ramón Castro. A cerimonia estivo presidido polo Alcalde da Pontenova, Darío Campos, acompañado de toda a corporación municipal, así como da subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e numerosos veciños.
Na súa intervención, Campos sinalou que “Ramón Castro merece ser Fillo Adoptivo do Concello da Pontenova, polo seu traballo, polo seu esforzo, pola súa dedicación, pero sobre todo polo seu compromiso coa saúde de todos os seus veciños. E este acto tamén ten que servir para espertar conciencias e dignificar esta profesión”.
Ramón Castro
Naceu en Arzúa (1953), e chegou como médico ao concello da Pontenova no 1995. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago no 1979. Ao longo da súa traxectoria profesional desenvolveu o seu traballo nos Concellos de Monforte de Lemos, Guntín, Paradela, Monterroso e Triacastela. É un gran afeccionado á caza e a pesca, e gañou o campionato provincial de Pesca.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



