Lugo. 27 de novembro, 2018.- O Grupo Provincial do PP sacou adiante, coa abstención do PSOE e o voto a favor do BNG, a moción para instar ao Goberno do Estado a que desista da súa intención de introducir peaxes nas autovías. Os populares queren que se leve a cabo un debate máis profundo no que participen todos os actores implicados (administración estatal, administracións autonómicas, grupos políticos, representantes das concesionarias e construtoras, representantes dos diferentes grupos de usuarios, expertos…), sobre o sistema de financiamento da conservación e mantemento da rede de estradas que non sexa prexudicial para os usuarios.
O deputado Carlos Armesto lamentou que o Goberno do Estado se caracterice pola improvisación e falta de planificación e indicou que “non podemos cargar máis sobre os autónomos e comerciantes, polo que non podemos tolerar que as autovías se graven”.
“Cando un ministro de Fomento fai unha proposta en sede parlamentaria habería que darlle validez porque di a intención que ten. Se logo o secretario de Estado fai a mesma proposta desde o PP consideramos necesario darlle unha resposta a unha proposta feita por un Goberno, un secretario de estado e un ministro. Autovías con peaxe non, queremos rematalas, pero non gravalas. A de Lugo a Ourense, Lugo-Santiago, a da Mariña e a de Ponferrada- Monforte- Ourense, que 20 anos despois rematen as nosas autovías con prazos e investimentos concretos, pero non gravar as autovías”, replicou Armesto.
“Nin o señor Aznar nin Rajoy propuxeron poñer peaxes nas autovías, é o PSOE o que o propuxo. En Lugo só hai fochancas na rede de estradas provinciais que ningunearon durante moitos anos e tivo que ser unha proposta do PP dotada con 15 millóns de euros a que cambiara isto. O único que trouxo aquí fochancas foi un Goberno como o seu”, lamentou o popular.
Anuncio por parte do Goberno
O Grupo Provincial do PP presentou esta moción logo de que o Ministerio de Fomento anunciara a súa intención de ter listo antes de que remate esta lexislatura o novo sistema de conservación e mantemento da rede de estradas, para o que se contempla introducir o pagamento dunha peaxe por circular polas autovías.
Galicia, que xa soporta 273 quilómetros de autopistas de peaxe dependentes do Ministerio de Fomento e outros 54 da Xunta de Galicia, vería así incrementado de maneira substancial o cobro de uso das súas vías de comunicación, ao sumar a dita tarificación os 559,9 quilómetros da rede estatal de autovías na comunidade.
Polo tanto, a nosa Comunidade pasaría a sumar un total de 887 quilómetros que poderían quedar suxeitos ao pagamento de peaxe. Ademais, polo seu carácter periférico Galicia quedaría cercada por este tipo de cobros nas súas saídas polas dúas grandes arterias galegas de conexión coa Meseta; a A-6 ou autovía do Noroeste e a A-52 ou autovía das Rías Baixas, así como pola A-8 ou Transcantábrica.
Consecuencias moi prexudiciais
Coa proposta de Seopan, viaxar de A Coruña a Madrid en coche sairía entre 5,91 e 17,73 euros e entre 29,55 e 82,74 euros lles custaría aos camións. Desde Vigo as peaxes terían un importe similar, entre 5,89 e 17,67 euros para os lixeiros e de 82,46 euros para os pesados. Viaxar entre Lugo e A Coruña, agora gratis por autovía, tamén pasaría a ter un custo en peaxes de 2,85 euros para vehículos lixeiros no escenario máis caro.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



