Foz 21-11-2018 O PSOE de Foz súmase á campaña En negro contra as violencias e organiza un acto para este domingo, día 25, na sede local.
Aínda que participemos nos actos institucionais que poida celebrar o Concello de Foz, dos que a día de hoxe non temos constancia, os socialistas focenses consideramos adecuado sumarnos a campaña, “En Negro Contra as Violencias”, que se desenrola a nivel galego e na que participan simultaneamente mais de 100 concellos, tres deputacións e miles comercios e asociacións no marco do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller” 25 de novembro, coa finalidade remover conciencias visibilizando esta lacra e para recordar a imperiosa necesidade de avanzar cara a un futuro libre de morte, violencia e maltrato para todas as mulleres e nenas do mundo.
Os socialistas convidamos aos veciños a achegarse a sede do PSOE focense, na maña do domingo 25 de novembro a partir da 11’30 horas, e deixar a súa mensaxe de rexeitamento á violencia contra as mulleres no Mural que imos habilitar ese día e acompañarnos na e a lectura dun manifesto para transmitir así a mensaxe de denuncia e solidariedade coas vítimas da violencia de xénero. Neste acto vestiremos de negro en recordo das preto de mil mulleres asasinadas polas súas parellas desde que existen rexistros, 44 no que vai deste ano e como mostra de repulsa e ante calquera tipo de violencia contra a muller.