Lugo. 9, novembro, 2018. Os senadores populares da provincia de Lugo participaron este venres nunha reunión con empresarios e autónomos da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) do sector industrial, sanitario e do transporte para trasladarlles as iniciativas que o Grupo Popular logrou aprobar na Cámara Alta fronte ás medidas propostas polo Goberno de Pedro Sánchez que pretende “conducir aos autónomos a un burato”; xa que “o 70% das subidas de impostos do plan orzamentario vai dirixido ás pequenas e medianas empresas e ás clases medias”. Así o expuxo o portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, que estivo acompañado doutros senadores populares lucenses e o candidato do PP á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, que tamén avogou por defender os intereses dos empresarios e autónomos lucenses.
As iniciativas dos populares pretenden reverter a situación e, para iso, piden ao Goberno a rebaixa da presión fiscal sobre o traballo, concretamente en relación ao IRPF e as cotizacións sociais, “antes de que os autónomos, as pequenas e medianas empresas e as clases medias en xeral sexan incapaces de soster a situación”. A este respecto, Barreiro indicou que “a subida da cotización dos autónomos prevista polo Goberno de Sánchez suporá que os lucenses paguen 10,5 ou 11 millóns de euros máis ao ano”. Pero, a este incremento na cotización hai que engadir outros 6 millóns máis que suporía o incremento da tributación sobre o diésel que empregan os máis de 180.000 vehículos da provincia sen ter en conta a repercusión das bonificacións dos que se benefician os sectores agrícola ou do mar”. En total, “os empresarios e autónomos lucenses terían que facer fronte a un gasto de 16 ou 17 millóns de euros máis ao ano”, apunta Barreiro.
Ante esta situación, e en beneficio das pequenas e medianas empresas, dende o Partido Popular defenden baixar os tipos e simplificar as deducións no imposto sobre sociedades para recuperar a recadación que se tiña por ese tributo antes da crise e rebaixar o volume de facturación por módulos aos autónomos sen un acordo coas asociacións que os agrupan; xa que “neste momento de desaceleración económica é contraproducente”.
Por outra banda, os senadores populares lucenses posicionáronse contra a suba da tributación ao diésel e pediron a eliminación da tributación por sucesións e doazóns “porque supón unha dobre imposición” de igual modo que o imposto sobre o patrimonio.
Os populares pídenlle tamén ao Goberno socialista dende o Senado que “respecte o acordo firmado o 26 de decembro de 2017 polas organizacións sindicais e empresariais en canto á subida do Salario Mínimo Interprofesional”.
Medidas a favor dos autónomos e a actividade emprendedora
“Tendo en conta a importancia do colectivo de traballadores autónomos para a xeración de emprego, riqueza e actividade produtiva, o Partido Popular tense comprometido e adoptado medidas de respaldo que deron como resultado a mellora das condicións dos traballadores por conta propia e da actividade emprendedora, así coma a creación de emprego autónomo”, segundo afirma Barreiro.
A aposta do Goberno do Partido Popular quedou materializada coa Lei 6/2017 de 24 de outubro de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo; pero os populares cren que “hai que seguir avanzando no apoio á actividade emprendedora”.
É por iso polo que pedirán ao Goberno, tras aprobar unha moción do Grupo Popular, garantir a desvinculación da subida do Salario Mínimo Interprofesional da base mínima de cotización do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA); así coma aprobar unha cota reducida para aqueles autónomos con ingresos que non excedan o SMI no cómputo anual.
Igualmente, os populares proporán ao Goberno de Sánchez a través da Cámara Alta “manter as tarifas planas así comas as bonificacións e reducións na cotización dos autónomos previstas na Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo”; ademais de “cumprir coa Disposición Adicional Primera desa mesma lei relativa á participación dos traballadores autónomos no Consello Económico e Social”.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



