Burela 24-11-18. O Pescados Rubén Burela FS regresa imbatible de Talavera nun traballado empate (2-2) que lle permite manterse no cume de Segunda LNFS igualado a 25 puntos con Betis Futsal tras a vitoria dos andaluces 8-2 no derbi con Córdoba. “Sabiamos que viñamos a unha cancha moi complicada dun equipo con experiencia, cun gran potencial na categoría, e con este empate mantémonos invictos, algo moi importante na nosa liña de traballo. Ofrecemos unha mellor primeira parte, xerando máis ocasións, aínda que non conseguimos poñernos por diante ata o segundo período. Aí, con 1-2, non soubemos xestionar a vantaxe e púidose ver o peor Burela do encontro” analizaba Juanma Marrube tras a cita.
Os galegos tiveron que remar en contra do marcador co rápido gol de Jesús Jiménez, no minuto 3, de falta, e marcharon ao descanso con 0-1, tras unhas magníficas ocasións, entre as que destacaron as de Juanfran, no 16, ao segundo pau e Matamoros, no 17, contra o largueiro. Renato conseguiu dar a volta ao luminoso nos primeiros cinco minutos do reinicio, culminando unha transición rápida primeiro e despois nunha falta, que tocou en Josete, antes de entrar. Sergio asinou o empate no 36, nunha xogada de ataque posicional.
Compromiso irmandiño, o martes
Os pupilos mediranse o martes ao UV Ventorrillo FS (20.45 horas), de Segunda B, en oitavos de Copa Galicia.
Ficha técnica
Soliss FS Talavera: Gonzalo, Asensio, Panucci, Anass, Sergio, cinco inicial; tamén xogaron Justo Cáceres, Quique Hernando, Josete, Jesús Jiménez, Caio Alves
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Varga, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Juanfran, Luisma, Matamoros, Porto
Goles: 1-0, minuto 3, Jesús Jiménez; 1-1, minuto 24, Renato; 1-2, minuto 25, Renato; 2-2, minuto 36, Sergio
Árbitros: Castillo López // Martínez Martínez. Por Talavera amarela a Jesús Jiménez, Sergio, Anass, Josete. Por Burela amarela para Luisma.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Segunda LNFS disputado no Primero de Mayo de Talavera. Os mariñáns luciron a segunda equipación, negra, Contra as Violencias de Xénero polo 25N.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
