Ribadeo, 26 de decembro de 2018. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena, este sábado, día 29, ás 21:00 horas no Teatro ribadense. A Banda interpretará polcas, valses e outras pezas típicas destas datas, ademais doutros temas, e haberá sorpresas. A entrada é de balde, pero o aforo a este concerto será limitado por seguridade e comodidade dos asistentes.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, explicou que este concerto “sempre acaba desembocando en temas vieneses como polcas e valses e este ano a primeira parte vai ser un conto que se desenvolve en Viena e tocaremos cinco obras, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda Municipal de Música de Ribadeo. Creo que é algo a resaltar, tendo en conta que hai escasamente un mes a Banda xa tivo un concerto no que a gran maioría das obras eran tamén tocadas por primeira vez. Neste concerto, como todos os anos, haberá tamén algunha pequena sorpresa”.
David Ballester subliña: “para min é un dos concertos máis entrañables porque recibimos a todos estes rapaces, a todos estes músicos, que temos fóra traballando e estudando, entón a plantilla da Banda será un pouquiño máis grande que noutras ocasións”.
Ballester quere “invitar á xente que estea aquí pasando estas datas de Nadal a que se achegue polo Teatro o 29 de decembro ás nove da noite. En canto ás entradas, como fixemos outros anos porque é un concerto no que habitualmente, por sorte para nós, se enche o Teatro, entón por seguridade e comodidade para todos imos limitar o aforo ás localidades que ten o Teatro. Polo tanto a xente que se queira achegar terá libre acceso ata que completemos ese límite de aforo”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



