Lugo, 4 de decembro de 2018. A XII Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que se celebrará do 6 ao 9 de decembro, suporá un volume de negocio estimado de máis de 200.000 euros. Ao longo dos catro días nos que terá lugar o evento, exporanse máis de 1 millón de pezas antigas, como mobles, obras de colección, discos, libros, xoias, entre outros obxectos, todos eles expostos no interior dunha carpa de 1.000 metros cadrados, que o Concello habilitou na Praza dos Fornos.
O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, subliñou que “esta cita supón un importante revulsivo económico para o municipio, ao tempo que mantén viva a tradición dos oficios tradicionais e anticuarios, precisamente pola gran promoción que reporta a feira”.
Campos Conde engadiu que “a cita, ademais de 30 expositores, reunirá a numerosas persoas expertas no campo dos anticuarios que veñen na procura dalgunha peza, así como a amantes da artesanía e das antigüidades. En total, agardamos durante os catro días a unhas 8.000 persoas”.
No referente á parte artesanal, haberá varios obradoiros de oficios tradicionais. No de máis tradición na zona, a forxa de ferro, farase unha demostración de realización de follas de navallas e coitelos. Estes obxectos, substituíron aos fouciños, a cuxa fabricación se dedicaban varios ferreiros da zona.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



