Lugo, 27 de decembro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe á nova directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal, Estefanía Pita Martínez.
Isabel Rodríguez mantivo esta mañá a primeira reunión de traballo con Pita Martínez, que tomou posesión do seu cargo o día 12 de decembro. Logo de darlle a benvida e felicitala polo seu nomeamento, a subdelegada do Goberno pediulle o máximo compromiso e transparencia no desempeño da súa responsabilidade ao fronte do SEPE, un servizo que xestiona as prestacións que perciben 9.281 lucenses, con datos ao peche do mes de novembro.
Na xuntanza, Isabel Rodríguez e Estefanía Pita pasaron revista á evolución do desemprego na nosa provincia, que rematou o terceiro trimestre do ano cunha taxa de paro do 8,34%, dacordo coas estatísticas do INE. Tamén trataron sobre os importantes acordos en materia de emprego aprobados no último Consello de Ministros, no que o Goberno aprobou a maior suba do Salario Mínimo Interprofesional que se situará en 900 euros ao mes en 2019, ademais de autorizar ao SEPE a investir 350 millóns de euros en programas de formación.
A nova directora provincial do SEPE naceu en Merille (Ourol) en 1983. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña, é funcionaria do Corpo Superior da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Ata ser nomeada como responsable do SEPE na provincia de Lugo exercía como inspectora de traballo no País Vasco. Con anterioridade desempeñara o posto de inspectora de traballo en Las Palmas























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



