Viveiro, 27 de decembro de 2018.- A Consellería do Mar vén de conceder unha achega que supera os 619.000 euros para apoiar a actividade que desenvolve a organización de produtores pesqueiros OPP-77 Porto de Celeiro. Así o explicou esta tarde, en rolda de prensa, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández, e dos representantes desta organización de produtores, José Novo, Eduardo Miguez e Jesús Lourido.
A Administración autonómica mantén distintas liñas de colaboración co sector pesqueiro da Mariña lucense e, en particular, con este colectivo, que agrupa aos produtores vinculados á organización empresarial e pesqueira con sede en Celeiro.
As achegas da Xunta distribúense en dous conceptos: 400.000 euros destinados aos gastos de constitución e funcionamento da entidade e 219.000 euros adicionais para desenvolver o plan de produción e comercialización. Todas estas axudas enmárcanse no Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
“O compromiso da Administración autonómica coas organizacións de produtores é palpable pois desempeñan un papel fundamental, ao servizo da pesca e da alimentación, e tamén como motores da innovación e impulsores da cadea mar-industria”, dixo Balseiro.
Entre as accións máis destacadas dentro da posta en valor dos produtos pesqueiros que comercializa Porto de Celeiro e que son capturados pola súa flota, ten especial relevancia a promoción da pescada do pincho, de extraordinaria calidade e recoñecemento entre os consumidores. Así, por exemplo, o seu traballo foi clave para obter a certificación da ONG Friends of the Sea que ampara estas valiosas capturas ou o selo Galicia Calidade.
“Traballos como os da OPP-77 e outras organizacións análogas como a que opera desde Burela permite afirmar con rotundidade que o sector pesqueiro lucense, e o galego por extensión, faena nas augas da innovación e da competitividade, liderando en moitos aspectos os esforzos que nestes mesmos ámbitos se están a facer no sector pesqueiro galego”, resaltou Balseiro.
A Xunta formaliza estes apoios consciente de que é necesario contribuír as actividades das organizacións de produtores, achegando a axuda financeira necesaria para que poidan desempeñar un labor máis importante na xestión cotiá da pesca, e moi en particular, os criterios marcados pola política pesqueira común (PPC): posibilidades pesqueiras sustentables, redución das capturas non desexadas, mellora da trazabilidade dos produtos da pesca, entre outras.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



