Os feitos traumáticos son unha parte importante na formación do carácter das persoas e tamén da sociedade. “Aquelo que non nos mata fainos máis fortes” dixo Nietzsche.
243 metros de mono casco achegáronse á nosa fermosa costa en novembro de 2002, traía 77.000 toneladas de cambio na percepción social da política. Unha, para min nefasta, decisión de distanciar o problema desencadeou unha marea negra que asolaría de pena e de tristura un dos valores con máis identidade de Galicia, as nosas ribeiras e a nosa industria pesqueira. A mentira sistemática do PP e do seu goberno supuxo unha enorme resposta social, primeiro en forma de voluntarios que limparon pedra a pedra, e despois en contestación social con NUNCA MÁIS. A práctica política habitual de control da opinión pública, escachou polos aires, Galicia era a resposta a un posible cambio, o de facer política por e para a xente e non para os partidos, mais solo era un espellismo.
Cambiou o goberno do Estado, e o PSOE nun principio moi social e asentado: retirando as tropas de Iraq e lexislando socialmente, parecía ter recollido o mensaxe das fotos da xente voluntaria traballando pola sociedade no sentido final e amplo. Pero nun pinchacarneiros do destino a estrutura bancaria mundial escachou e o PSOE entrou na fase de mentira propia dos lobbies partidistas: brotes verdes, banca saneada, non existe crisis, reforma da constitución, reforma laboral…
Prendeu entón aquel xerme de nunca máis e apareceu o fenómeno da acampada de Sol, unha nova oportunidade de poñer á xente no centro da acción política. Esta vez nin PP, nin PSOE nin sequera os sindicatos foron quen de levar a sardiña e perderon a rúa. Pero si catro listos da Complutense viron unha ampla oportunidade e aproveitaron a situación para vender ilusión e prometer traballar para a xente. Era outra oportunidade de cambiar a política pero logo veu: bloqueo dun goberno de cambio, posibles negocios turbios de partido en Iraq ou Venezuela, non pagar ós empregados, comprarse un chálete de Comunista…outro espellismo. Este si cabe máis duro, os anteriores xa eran coñecidos.
Galicia non foi allea, En Marea, creación de laboratorio dun negociado entre os da Complutense e unhas carrachas do nacionalismo e galeguismo, refírome a carracha no senso de parasitos. Quixo mudalo todo, poren levan catro anos rifando por quen ten o control dese “Partido” que chamas espazo, se cadra están a lúa, e paralizando cidades e vilas, ocupando portadas nas que nunca e digo nunca, falan de Galicia e dos noso problemas.
Púidose cambiar a política, non a política senón a forma de facela, e todas as veces fracasouse. Poren este non pretende ser un mensaxe que desacredite a acción política e que quite as gañas de participar, ó contrario cómpre un exercicio de democracia e de non desentenderse, porque o que pode vir non é bo, o retroceso de Vox que empuxa a PP e a C´s non é bo para Galicia, nada bo.
A cuestión radica en que non é preciso cambiar a política, é preciso facer política esa é a chave. E o 26 de maio toca ser responsables.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



