Desejava de te ver, trinta dias cada mês
cada semana o seu dia e cada dia umha vez.(*)
(*) Tris tras- Marful
A participación de Sabela Ramil no programa Operación Triunfo da TVE , cantando en lingua galega en tres ocasións, xerou unha grande simpatía na cidadanía galega, amosando unha vez máis que case todos, galegofalantes e non galegofalantes, asumimos a nosa lingua como un patrimonio común moi valioso, visibilizando que a lingua galega ten futuro e serve para cantar, amar, traballar e crear.
Cantando Tris tras tamén visibilizou a ortografía internacional do galego, inxustamente tratada dende o Poder durante tantos anos e a proximidade do galego co portugués, xerando interese no público portugués e brasileiro. Unha importante achega para a precisa conexión cultural e empresarial galega co mundo da lusofonía.
Esta historia amosou tamèn que a España da lingua e da cultura única é moi forte canto á súa representación na política e nos media, mais bastante menos na cidadanía, nomeadamente entre a xente máis nova, que ve con naturalidade que os galegos falemos galego e os cataláns catalán. E que o veria con moita máis naturalidade se os media estatais visibilizaran que o Estado español non só fala en castelán, como aínda millóns de españois semellan acreditar.
Porén, non é tan positivo que só lle deamos valor ao noso cando trunfa en Madrid ou se reflicte dende Madrid. Porque o éxito ou a aprobación en España non habería ser nunca o parámetro para avaliar os nosos produtos culturais. A cultura galega precisa ser consumida pola nosa cidadanía polo que é e polo que achega, sen necesidade do seu éxito alén das nosas fronteiras. Se Manolo Rivas non escrebira na prensa madrileña sería igual de bó.
Cando se cumpren 25 anos do Xabarín, que conquistou para a galeguidade unha xeración enteira, fenómenos como o da nosa Sabela reflicten a necesidade de termos referentes de éxito e modernidade para a nosa xente nova e de valorar a xeito a magnífica riqueza cultural que hoxe ofrecen os creadores galegos en todas as artes.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



