Xove, 4 de decembro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprobou hoxe o comezo das obras do proxecto de acondicionamento que leva a cabo Costas no Portiño de Morás, no concello de Xove. Trátase dun ambicioso proxecto etnográfico e medioambiental que leva a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar. O Goberno investirá nesta actuación 360.544 euros.
A subdelegada do Goberno, que visitou as obras acompañada polo alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro, destacou a importancia ambiental e cultural deste proxecto incluído no plan de actuacións que leva a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica para a recuperación medioambiental da costa da Mariña.
“É unha actuación coa que recuperaremos para o uso e disfrute de todos os veciños e visitantes unha zona de Xove de singular beleza, ademais de poñer en valor elementos emblemáticos da nosa historia industrial”, manifestou Isabel Rodríguez. A subdelegada lembrou que “con esta obra, xa son tres os proxectos de mellora da costa da Mariña que poñemos en marcha, que supoñen un investimento conxunto de máis de medio millón de euros nesta comarca”. Isabel Rodríguez tamén agradeceu a colaboración do Concello de Xove para a execución deste proxecto.
Este ambicioso proxecto desenvolverase na zona situada entre as antigas baleeiras e o Portiño de Morás, que se vai acondicionar coa creación dun paseo peonil, a dotación dun novo acceso á praia e a posta en valor do pasado industrial desta zona.
O paseo peonil que se vai instalar será de madeira e contará con alumeado e mobiliario urbano. O paseo farase aproveitando o actual trazado da estrada que comunica a zona. O proxecto inclúe a construción dunha nova estrada, que terá un trazado distinto, situado algún metros cara o interior, para suprimir o tráfico rodado de toda a zona máis próxima á costa, que vai quedar reservado en exclusiva para o disfrute das persoas.
Esta actuación ambiental ten un destacado compoñente cultural, xa que está previsto completalo coa instalación de paneis informativos que darán testemuña do pasado industrial da zona, que tivo gran importancia para a economía da Mariña. Así, esta actuación aproveitarase para lembrar e poñer en valor as actividades relacionadas coa caza e comercialización de baleas, pois na zona houbo industrias baleeiras, e tamén coa fabricación neste mesmo lugar dos dolos, os elementos estructurais de formigón que se empregaron na construción dos espigóns do porto de Alcoa e que foron deseñados de xeito que se enlazaran entre sí a modo de puzzle para que puideran resistir a acción das ondas do mar.
As obras teñen un prazo de execución de seis meses e a súa execución foi encomendada á empresa pública Tragsa.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



