Burela, 11 de decembro de 2018. Este mércores, comezará a instalarse a totalidade do alumeado de Nadal en Burela. O alcalde, Alfredo Llano, subliña que as causas do retraso son totalmente alleas ao Concello. O previsto inicialmente era que a iluminación estivese operativa para o pasado venres, día 7. O rexedor entende que a situación estea a xerar desconfianza e recelo entre a poboación, pero engade que ás veces xorden inconvenientes. Llano insiste en que o alumeado de Nadal quedará listo esta semana, pide disculpas á veciñanza e rexeita as críticas dos populares aos que lles solicita que deixen de axitar á opinión pública.
O alcalde manifestou que “se está xerando preocupación e queixas por parte de moita xente con respecto ás luces navideñas deste ano. Eu quero aclarar que todo canto está acontecendo para nada ten culpa o Concello. Eu teño falado cunha empresa solvente e que ademais ven moito por Burela y leva moitos anos traballando con nós aquí no Concello, e polo tanto plena confianza nesa empresa de que fixera as cousas como ten que facelas. Quedamos en poñer un alumeado, aínda que non total, para o día da apertura da tempada navideña, o pasado 7 de decembro. Por unhas razóns que son serias, que realmente xustificaron e que eu entendín, non puideron facerse para ese día, porque tíñamos pensado colocar en Arcadio Pardiñas e Eijo Garay luces navideñas para poder inaugurar, xunto coa Acia, o Nadal deste ano”.
Alfredo LLano dixo que “nosoutros adornamos dentro das nosas posibilidades, comprometendo tamén ao persoal do Concello, para facer polo menos un mínimo de reforzo á arbore de Nadal que se inaugurou o día 7. Fixemos algo en Eijo Garay, colocamos unhas guirnaldas, pero é certo que foi algo provisional e non definitivo no alumeado de Burela. A empresa quedou en que mañá, mércores, empeza pola mañá a colocar o alumeado en Arcadio Pardiñas e posteriormente irá, como se fixo o ano pasado, por todos os lugares onde víñamos instalando esta luz”.
O rexedor burelés declarou que “hai que aclarar a situación, pero foron unha serie de circunstancias que ás veces pasan, porque ademais con moitisimo tempo se fixo isto para que estivera todo listo para o día 7. Loxicamente creou certa desconfianza e certo recelo na xente de Burela, eu entendo iso tamén, pero hai que comprender que ás veces non é todo como se planifica, senón que hai cousas que obrigan a facelo doutra maneira. O alumeado do Concello de Burela vaise colocar, sempre foi a nosa intención, estaba todo apalabrado para facerse dunha determinada maneira, non foi posible, pero si que vai haber un alumeado bonito, que se vai facer a partir deste mércores”.
Alfredo Llano pediu “á xente de Burela que nos perdoe, pero por parte desta alcaldía, como xa lle dixen á Acia, non foi para nada motivado por ningunha circunstancia do Concello, senón por outras causas completamente alleas. Espero que se compense, estea todo listo e ben, e que sexa motivo de orgullo e disfrute este alumeado que imos comezar a poñer mañá pola mañá”.
Sobre as críticas vertidas desde o PP sinalou: “os do PP que protesten e que digan que é unha cosa moi ruín o que se colocou ata o de agora, cando eles en catro anos que tiveron non colocaron nada, é moito dicir. Aquí o ano pasado e os anteriores, desde que estamos nosoutros no Concello, púxose sempre luz en Burela. Con todo nós dabámonos conta cando eran esas circunstancias, e tampouco andábamos criticando nin botando leña, nin creando cousas que non interesan e malestar entre a xente do pobo. Mellor estarían calados e botando unha man en todo isto en vez de estar aí tratando de axitar cando non é necesario”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



