Viveiro 28-12-18. O BNG de Viveiro denuncia que a situación sanitaria en Viveiro é “degradante”. Falta persoal de enfermaría, persoal médico e a traballadora social no centro médico de Viveiro.
O centro médico de Viveiro está baixo mínimos. Non hai persoal médico, de enfermaría ou traballadora social. “Preguntar en cita previa”. Son os carteis que aparecen en distintas portas do centros sanitario, o que ten levado ás nacionalistas de Viveiro a denunciar novamente o abandono da sanidade pública por parte da Xunta.
CONSULTAS PECHADAS
O BNG visitou hoxe venres o Centro de Saúde de Viveiro para coñecer de primeira man a situación. “Hoxe venres, atópanse pechadas tres consultas médicas, tres consultas de enfermaría e a da traballadora social”, ratifican.
ABANDONO DA ATENCIÓN PRIMARIA
A solución que achega a Xerencia de Lugo é “forzar citas a maiores na axenda”, sendo habitual citar a tres pacientes no mesmo tempo, o que provoca frustración no profesional pola sobrecarga asistencial que lle impide atender aos seus pacientes dedicándolle o tempo que consideran necesario para unha boa atención.
“A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral”, denuncian desde a fronte nacionalista de Viveiro, unha situación que cualifican de “absoluta vergoña”.
As nacionalistas afirman que non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiros que non son substituídos e instan ao SERGAS a cubrir todas as ausencias no Centro de Saúde de Viveiro.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



