Lugo, 13 de decembro de 2018.- O Goberno ten a punto o Plan de Viabilidade Invernal que se aplicará na rede de estradas do Estado na provincia de Lugo en caso de nevaradas. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, explicou que os medios que están dispostos para actuar na nosa provincia inclúen 40 máquinas quitaneves, 9.300 toneladas de sal e 2.515.000 litros de salmuera.
O Plan Invernal abrangue, xunto coa rede de estradas do Estado na provincia de Lugo, a vertente leonesa do porto de Pedrafita. Por este motivo, o Protocolo do Plan Invernal, deseñado por Protección Civil, foi asinado tanto pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, como polo seu homólogo na provincia de León, Faustino Sánchez.
En total, son 825 kilómetros de quince estradas os que están incluídos no Protocolo. Trátase dos treitos potencialmente conflictivos das seguintes estradas: A-6 ( Autovía do Noroeste), A-8 (Autovía do Cantábrico), A-54 (Autovía Lugo-Santiago), LU-11 (Nadela-Tolda de Castela), LU-12 (Vilamoure-N-540 Esperante), N-VI (Madrid-A Coruña), N-VIa (Madrid-A Coruña antigua), N-120 (Logroño-Vigo), N-120ª (Logroño-Vigo antigua), N-540 (Lugo-Ourense), N-540a (Lugo-Ourense antigua), N-547 (Lugo-Santiago de Compostela), N-634 (San Sebastián-Santiago de Compostela), N-640 (Vegadeo-porto de Vilagarcía de Arousa) e N-642 (acceso ao porto de San Cibrao).
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



