Burela, a 13 de decembro de 2018. A CIG-Saúde reitera á petición ao SERGAS para que modifique a planificación das obras de ampliación do Hospital da Costa para evitar así a falta de camas operativas e as consecuentes derivacións e ingresos de doentes da Mariña no Hospital de Lugo. Para lograr isto, a central sindical propón que a reforma integral das plantas de Cirurxía e Traumatoloxía do edificio “antigo” se realicen en dúas fases consecutivas.
“Coa nosa proposta cumpriríanse dous obxectivos: dunha banda garantir a asistencia sanitaria na comarca, evitar os ingresos no HULA e o trastorno que supón para os/as doentes ter que trasladarse a máis de 100km. E por outra banda, fomentaríase a creación de emprego, pois é necesario contratar a máis persoal para poder atender adecuadamente as camas abertas”, subliñan.
Así, nunha primeira fase acometeríase a reforma integral dunha das dúas plantas (Cirurxía ou Traumatoloxía), mantendo abertas as 30 camas da outra planta, mentres non remate a reforma e estea plenamente operativa a planta en obras. Ademais, habería que dotar ao hospital co persoal suficiente para atender esas 30 camas.
Nunha segunda fase, procederíase a apertura da planta reformada, á dotación de persoal para atender as camas resultantes tras da obra, comezando entón a reforma integral da outra planta.
Deste xeito,“sempre teríamos máis camas dispoñíbeis e evitaríanse os ingresos no HULA”. A CIG-Saúde da Mariña defende que esta é unha opción viábel, “pero fai falta vontade política e contratar o persoal necesario”. Por iso, apuntan “agora debe ser o SERGAS quen explique o motivo de que non sexa viábel unha reforma en dúas fases e por que son os/as pacientes e as súas familias quen teñen que sufrir e pagar unha nefasta planificación”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



