Lugo 12 de decembro, 2018. O Grupo Provincial do PP denuncia a parálise da Deputación de Lugo e o desleixo do Goberno que dirixe Darío Campos ante actuación xa comprometidas e “irrenunciables” para a provincia. Desde o PP lamentan que os socialistas estean a destinar recursos e anuncien actuacións que non se executan ou se levan a cabo de xeito deficiente.
En concreto, os populares critican o abandono do miradoiro ‘Os Paredones’ de Mondoñedo e o retraso na licitación e inicio das obras da residencia de maiores do Courel.
Abandono do miradoiro
Os populares lamentan que despois do investimento realizado polo Goberno Provincial no miradoiro, tras destinar 240.000 euros dunha acción formativa, non sexan capaces nin de protexer o tellado. Tanto é así que a intervención que se fixo no interior do inmoble estase a ver prexudicada porque non hai cuberta e chove dentro. Actualmente, tal e como explica a voceira do Grupo Provincial do PP e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, a cuberta está tapada cunhas lonas o que favorece a entrada da auga e o conseguinte deterioro das obras feitas no interior do recinto.
Retraso na residencia do Courel
Así, o pasado mes de agosto o presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, e a alcaldesa da localidade, Lola Castro, asinaron un convenio para dotar dunha residencia da terceira idade e un centro de día ao Concello con capacidade para 52 usuarios. As instalacións serán emprazadas nun edificio que será construído no espazo ocupado polo antigo colexio de Folgoso, que previamente ten que ser demolido.
Os populares denuncian o retraso nestas obras, despois de que en agosto deste ano o presidente se comprometera con iniciar eses traballos no mes de setembro. Ante numerosos veciños e veciñas Campos Conde avanzou na visita O Courel que a licitación se faría en setembro e as obras darían comezo no último trimestre do ano. Sen embargo, desde aquel día non houbo avanza algún na actuación, de maneira que a demolición segue sen levarse a cabo acumulando xa un retraso notable con respecto á data anunciada polo socialista.
A alcaldesa da localidade traslada tamén as queixas, que fai chegar a través do Grupo Provincial do PP, por non ter recibido resposta da Deputación desde o mes de agosto e pese a que tanto o Goberno Provincial como o PSOE o teñen publicitado a bombo e platillo, recentemente a través dun folleto informativo.
O Grupo Provincial do PP recorda que esta intervención supón saldar unha débeda histórica co Concello de Folgoso do Courel e urxen á Deputación a que mova ficha e licite “canto antes” as obras de construción do novo centro, posto que o Concello xa tiña realizado no mes de agosto, cando se asinou o convenio, os trámites que lle correspondían. O Concello, ademais de poñer á disposición do organismo provincial os terreos, concede a licenza de obra e colabora cunha axuda económica de 200.000 euros, que non terá que achegar ata o vindeiro ano.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



