O pasado sábado os sendeiristas de Burela completaron as rutas do 2018 no concello máis extenso de Galicia, A Fonsagrada. A camiñada coincidiu co V Encontro entre as asociacións Amigos do Patrimonio de Castroverde, Terras de Lourenzá e Pasada dás Cabras de Burela. Unha xornada de auténtica convivencia, camaradería e sendeirismo. A ruta realizada nesta ocasión foi un tramo do Camiño Primitivo que discorre entre as localidades de Lastra e Paradavella. A xornada finalizou cun impresionante cocido da zona no restaurante O Piñeiral, non sen antes percorrer a ampla oferta de bares e furanchos da Fonsagrada.
