Ribadeo, 7 de decembro de 2018. Ribadeo acollerá os días 29 e 30 de xuño de 2019 o campionato de España de seleccións autonómicas de rugby feminino. Este evento foi presentado hoxe no salón de plenos do Concello ribadense cun acto no que participaron o alcalde, Fernando Suárez; os concelleiros de Deportes e de Igualdade, David Rivas e Mariluz Álvarez; o presidente da Federación Galega de Rugby, Nacho Cociña; o seleccionador galego da autonómica feminina de rugby, Jos Portos; o adestrador do club Be One Ribadeo Rugby, Guillermo Fernández; e Roberto Ramos, que é o director xeral de Be One, empresa que patrocina ao equipo ribadense e á selección galega.
O concelleiro de Deportes ribadense salientou que “no concello de Ribadeo non quixemos deixar pasar esta oportunidade histórica que se nos brindou para apoiar e promocionar o deporte feminino, neste caso o rugby, e aceptamos con moita ilusión ser sede dun Campionato de España de seleccións autonómicas. Tendo en conta que hai apenas 3 anos o rugby non existía en Ribadeo e hoxe temos un club consolidado facendo un gran traballo, quixemos dar un paso adiante e acoller este importante torneo. Máis se cabe porque Galicia é a actual campioa, tamén porque nese combinado estaba a xogadora ribadense Ana Iglesias, que seguro que volverá estar presente neste vindeiro ano, así como agardamos a presenza de Tania García, a outra xogadora ribadense do CRAT A Coruña”.
David Rivas engadiu: “é por isto que nos pareceu unha ocasión inmellorable para acoller e arroupar ás nosas xogadoras na súa casa, e agardamos que Ribadeo responda cunha boa afluencia de público que vai disfrutar da elite do rugby español feminino, nun campionato onde se van dar cita a maior parte de xogadoras da selección española, actual campioa de Europa”.
No mesmo senso se pronunciaron o alcalde e a concelleira de Igualdade. O edil de Deportes tamén se referiu ao impacto económico que este evento deportivo terá en Ribadeo: “debemos así mesmo destacar o importante impacto que supoñen na economía ribadense 16 seleccións de entre 15 e 18 integrantes cada unha, máis as respectivas afeccións, nunha fin de semana na que Ribadeo será o centro de todas as miradas no mundo do rugby”.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
