Lugo, 27 de decembro de 2018.- Veciños da provincia puxéronse en contacto co PSOE na Provincia de Lugo para denunciar que a Xunta de Galicia xa non ofrece vacinas contra a gripe cando estamos en plena campaña antigripal, pois iniciouse o 22 de outubro e finaliza mañá, 28 de decembro. Esta mesma tarde varios cidadáns tiñan cita no Centro de Saúde de Fingoi, na capital lucense, onde non puideron ser vacinados porque só había vacinas para persoas maiores de 75 anos. Ante esta situación, os profesionais deste centro sanitario tentaron facerse con novas vacinas poñéndose en contacto con outros ambulatorios, sen éxito. Por este motivo incluíron nos expedientes dos pacientes que non puideron ser vacinados por non ter en stock a vacina correspondente.
Os propios especialistas comentaban que se o Centro de Saúde de Fingoi, que presta cobertura a moitos habitantes de Lugo, tiña estes problemas, en centros de saúde da provincia de menor dimensión estarían con maiores dificultades. Os profesionais do centro explicaron aos veciños que tiñan o dereito de presentar reclamacións na Unidade de Prevención do HULA.
Por exemplo, lucenses que traballan no mundo da docencia e que forman parte dos grupos de persoas que teñen a recomendación do goberno galego de vacinarse non puideron facelo ante a carencia de provisións. Isto provoca graves prexuízos para estes cidadáns que en caso de enfermar unha semana perderían arredor de 200 euros por coller a baixa laboral.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



