Burela 12-12-18. Vista Alegre únese este venres á Campaña do Xoguete Novo de Cruz Vermella de Burela coincidindo coa penúltima xornada da primeira volta dos de Juanma Marrube, fronte ao Axa Hita Port Elche (20.30 horas). Ata a sede da institución achegáronse os xogadores Juanfran e Luci para presentar a iniciativa, xunto ás técnicas locais Sonia Fraga e Almudena González.
Neste último partido de 2018 para o líder de Segunda LNFS, a Bomboneira habilitará huchas solidarias dende as 19.30 horas, coa colaboración de voluntariado de Cruz Vermella, para que os afeccionad@s fagan os seus donativos. Coa devandita recadación, Cruz Vermella e Pescados Rubén Burela FS adiantaranse a Papá Noel e os Reis Magos para escoller xoguetes e facer posible que cada un dos máis de 30 nen@s do programa de axuda de Cruz Vermella de Burela reciban o regalo novo que pediron a Laponia ou ás Súas Maxestades de Oriente nas cartas.
A ILUSIÓN DE TER UN XOGUETE NOVO!
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
