Burela, 18 de xaneiro de 2019. A VI Marcha da Merluza terá lugar en Burela o 3 de febreiro. O evento deportivo, que estará dedicado a Moncho de Cangas, foi presentado nas instalacións de Absa este mediodía. No acto participaron o presidente e o secretario do Club Ciclista Burela, Juan José Martínez e Antonio Barcia, organizadores da proba, así como o presidente e o xerente de Absa, Abelardo Basanta e Miguel Neira, patrocinador principal, e Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes.
Fernández Rey comentou que “é unha carreira que chega á súa sexta edición e que este ano ademais dedícanlle a proba a Moncho de Cangas, vicepresidente do Club Ciclista Burela, que era un gran afeccionado ao ciclismo, e que desgraciadamente finou hai unhas semanas”.
O edil subliñou que “como sempre o Concello de Burela, desde a Delegación de Deportes, estamos implicados na axuda á promoción destas probas. Colaboramos coa carreira, igual que neste caso ABSA, que tamén se decidiu a apostar por esta carreira”.
Ramiro Fernández engadiu que “é unha carreira que, como digo, xa ten un recorrido de seis edicións, co cal entendemos que cada ano vai a máis e é unha proba que está máis que consolidada no calendario ciclista da Mariña e incluso da provincia. É unha proba que vai ter un recorrido de 33 quilómetros, case todo polo monte. Os afeccionados a este tipo de bicicletas disfrutan moitísimo con estas carreiras. A previsión que teñen é contar con máis de 200 participantes”.
O concelleiro de Deportes salientou que “o Concello de Burela, e neste caso a Delegación de Deportes, aposta novamente por consolidar estas probas e axudar en todo o que podemos a que esta marcha siga para adiante, e continuemos podendo disfrutar deste tipo de probas. A VI Marcha da Merluza vai ser o día 3 de febreiro, a saída está programada para ás nove e media da mañá. Despois da carreira poderemos xuntarnos a comer un pouco de merluza, no pavillón dos institutos, e disfrutar dunha xornada de convivencia contando anécdotas sobre esta carreira”.
O secretario do Club Ciclista Burela, Antonio Barcia, dixo que “é unha proba penso que accesible para toda a xente que estea afeita a andar en bici, de dificultade media, cun desnivel acumulado duns 1.000 metros máis ou menos. Son 33 quilómetros, haberá avituallamientos e ao final unha comida a base de produtos de Burela, empanada de bonito e merluza, que cede ABSA”.
A inscrición para poder participar está aberta en www.championchipnorte.com ata o 30 de xaneiro ás doce da noite.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
