Lugo, 16 de xaneiro, 2019. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, asegurou que “os recortes do PSOE lastran a mellora das principais infraestruturas viarias e ferroviarias na provincia”. Así o expuxo na a reunión da Xunta Directiva Provincial na que participou tamén, ademais doutros cargos orgánicos do Partido, alcaldes e voceiros municipais; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Candia engadiu durante a xuntanza que “a provincia de Lugo é vítima do desprezo socialista en materia de infraestruturas de comunicación”. A presidenta provincial lamentou que os Presupostos Xerais “boten por terra os compromisos asumidos polo Goberno popular e que recolleron as propias contas do Estado para o 2018 aínda vixentes”. Concretamente, Candia recordou que “perdemos un 35% en investimentos en infraestruturas de comunicacións con respecto ao contemplado no ano 2018”.
“A burla aos lucenses apréciase nos menos de 213 euros por habitante que investirá o Estado na nosa provincia converténdoa na terceira administración supramunicipal en investimentos por habitante. Moi por detrás da Xunta que achega 4.022 euros por cada lucense e incluso da Deputación Provincial”, continuou a presidenta do PP na nosa provincia. “Galicia é das comunidades autónomas máis castigadas e a que paga o prezo máis elevado polos pactos do presidente do Goberno, Pedro Sánchez”, engadiu Candia.
Ethel Vázquez: “Os Presupostos Xerais non contan con partidas suficientes para as obras en marcha nas estradas lucenses”
Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade tamén explicou que “a proposta dos Presupostos Xerais nos debe encher de preocupación e de indignación aos galegos. Especialmente no relativo a infraestruturas”. Ethel Vázquez dixo que “o Goberno socialista pretende baixarnos aos galegos un 19% os investimentos do grupo de Fomento. E iso ten consecuencias para a provincia de Lugo, sobre todo, no relativo ás estradas porque só atopamos partidas suficientes para as obras en marcha, e non para todas. E non permiten que se inicien novas obras que xa teñen todo preparado. Para o treito Melide – Palas da autovía Lugo – Santiago, o único pendente na provincia, consignan 3 millóns de euros para a obra en execución; pero a este ritmo estaríamos en obras ata o ano 2040”, considera. A este respecto, recorda que “este mesmo treito en 2018 contaba con 14 millóns”, puntualizou a conselleira.
Igualmente, Vázquez lamentou que “desaparezan na súa totalidade, ou case, actuacións nas que se estaba avanzando. Algúns exemplos son “o intercambiador de Guntín, que melloraría as comunicación con Chantada e Ourense; a autovía Barreiros – San Cibrao, con proxectos avanzados e que non prevén licitación nin tan sequera nas plurianualidades ou as melloras de seguridade viaria comprometidas no Camiño de Santiago. Mentres que a Xunta xa ten licitadas as súas obras, o ministerio non consigna nin un euro para estas obras xa comprometidas”, concluíu a conselleira.
Traballo a prol de tódolos lucenses
Esta nova reunión da Xunta Directiva Provincial dá continuidade á liña de traballo marcada pola dirixente dos populares lucenses que permite traballar dende o Partido, escoitando as propostas dos alcaldes e dos cargos orgánicos participantes, para ser útiles a tódolos lucenses.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



