Estivo de 12 a 14 horas esta mañá e estará pola tarde entre as 17 e as 20 horas. A carteira real volverá mañá, día 4, a recibir aos máis pequenos e pequenas da casa. Desde Acisa anímanos a que se acheguen a saudala e a presentar as súas cartas e debuxos ao concurso. Haberá dous premios, que consistirán en dous grandes xoguetes. O fallo do xurado darase a coñecer o 12 de xaneiro durante a VIII Festa do Comercio, que se celebrará no parque de San Francisco a partir das 20:30 horas.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



