Burela 16-1-19. A Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar os Certames de Nadal 2018, os premios serán entregados na Sala de Arte da Casa da Cultura o vindeiro venres, 25 de xaneiro, ás 19:30 horas. A continuación darase clausura á exposición das postais presentadas ao concurso que pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 horas, e de 17 a 20 horas, na Sala de Arte do 1º andar da Casa da Cultura.
Os gañadores desta edición son:
Certame de Postais e Poesía Infantil “NADAL 2018”.
Gañadores:
CERTAME DE POSTAIS:
* Educación Infantil:
-1º premio:José M.ª García Fra. CEIP VISTA ALEGRE (3 anos).
-2º premio:Leire López Fernández. CEIP VISTA ALEGRE (3 anos).
-3º premio:María Rega Eijo. CEIP VISTA ALEGRE (4 anos).
*1º e 2º de Primaria:
-1º premio:Cyntia García Leal. CEIP VIRXE DO CARME (7 anos).
-2º premio:Juan Bautista Jimenez Rodriguez. CEIP VISTA ALEGRE (7 anos).
-3º premio:Lara Romo Leivas. CEIP VISTA ALEGRE (6 anos).
*3ºe 4º de Primaria:
-1º premio:Charlotte Romero Peña. CEIP VISTA ALEGRE (8 anos).
-2º premio:Serea Cayón Villamil. CEIP VISTA ALEGRE (9 anos).
-3º premio:Alejandra Rodríguez Pernas. CEIP VIRXE DO CARME (8 anos).
*5º e 6º de Primaria:
-1º premio:Alexandre García Pousa. CEIP VISTA ALEGRE (11 anos).
-2º premio:Laura Paleo Ramos. CEIP VIRXE DO CARME (11 anos).
-3º premio:Carmela Fernández García. CEIP VIRXE DO CARME (10 anos).
CERTAME DE POESÍA INFANTIL:
*Categoría B:
-1º Premio:Claudia Fraga Canel. CEIP VISTA ALEGRE (11 anos).
*Categoría C:
-1º Premio:Laura González Freire. IES PERDOURO (12 anos).



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



