Mondoñedo, 26 de xaneiro de 2019.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de finalizar as obras de mellora da planta de bombeo da depurador municipal. A actuación, que contou cun Orzamento total de 40.000 euros, fíxose con cargo ao Fondo de compensación ambiental que financia a Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
As obras de mellora leváronse a cabo ao longo do pasado mes de novembro na estación de bombeo de augas residuais (EBAR) previa á planta emprazada no lugar do Coto.
En concreto as obras consistiron na limpeza e adecuación da contorna, adecuación exterior de los cerramentos da estación de bombeo, substitución do solo, mellora dos equipos de funcionamento e manobra, mellora do sistema de pretratamento mediante a instalación dun cestón de grosos e mellora dos equipos de elevación de auga da EDAR.
Esforzo inversor en infraestruturas hidráulicas
A alcaldesa, a popular Elena Candia, destaca o traballo e o esforzo inversor que o equipo de Goberno está a facer para garantir a mellora e mantemento das infraestruturas hidráulicas do municipio. Así, recorda que o Concello está a manter reunións periódicas con responsables da empresa Aqualia, encargada da xestión dos servizos de auga e saneamento no municipio, co obxecto de garantir a súa prestación nas mellores condicións e na procura de solucións aos problemas que poidan rexistrarse.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



