Viveiro, 7 de xaneiro de 2019. No día de hoxe tivo entrada no rexistro municipal un documento titulado “Manifesto pola rexeneración da ría de Viveiro”, asinado por vinte e nove colectivos, entre os que figuran asociacións, sindicatos, empresas e o partido politico impulsor do manifesto -o Bloque Nacionalista Galego-.
Neste manifesto, entre outras cuestións, acusase a este concello de pasividade e esixen, tanto á Xunta de Galicia como o Concello de Viveiro, “que se cumpran cos prazos de execución prometidos publicamente e comecen a executar as obras recollidas no convenio para mellorar o saneamento integral da ría e deixen de xogar coa saúdo, os postos de traballo e o futuro da veciñanza de Viveiro.”
Quero facer constar, en primeiro lugar, que entendemos e compartimos a preocupación do Bloque Nacionalista Galego pola ría de Viveiro, pero consideramos que antes de iniciar unha campaña para a recollida de sinaturas para este manifesto deberían preguntar ao propio concello as tramitacións realizadas ao respecto.
Ninguén pode acusar ao concello de pasividade, pois levamos anos denunciando esta
situación ante as administracións implicadas, realizando as xestións oportunas para axilizar os trámites e instando a execución do convenio referido á maior brevidade posible. Non entendemos que o Bloque Nacionalista Galego leve a cabo esta acción, cando foi o propio concello o primeiro en esixir das administración a súa actuación e os primeiros en denunciar publicamente esta situación.
Mantivemos reunións con Augas de Galicia e cos responsables de Costas, tanto en Lugo
como en Madrid, para coñecer de primeira man o estado da tramitación do expediente, que é complexo por estar implicadas tres administracións distintas. No Concello de Viveiro fixemos todo o que tiñamos que facer e, ademais, realizamos as xestións necesarias para conseguir que fose a Xunta de Galicia a encargada de retirar o antigo emisario (Costas esixe a súa retirada e, inicialmente, Augas de Galicia encomendou esta obra ao concello; este administración carece de medios para retirar o vello emisario e, grazas ás xestións realizadas, será retirado por Augas de Galicia). Neste momento, o expediente para a rexeneración da ría de Viveiro está novamente en tramitación, grazas ás incesantes xestións do goberno municipal.
Dende este equipo de goberno apoiamos calquera reivindicación que supoña unha mellora
para o Concello de Viveiro, pero lamentamos que este manifesto e a recollida de sinaturas se realizase sen ter coñecemento real da situación, sen preguntar e con intención de terxiversar a realidade, acusando ao concello de pasividade e instándoo a execución dunhas obras que non nos corresponden. Este concello sempre informou á veciñanza das xestións que vimos realizando tanto neste como noutros asuntos de interese municipal, explicando o contido das reunións, dos escritos remitido e das xestións realizadas, polo que deben os propios veciños os que valoren e xulguen se detrais deste manifesto hai unha preocupación real ou intereses partidistas.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



