Lugo, 21 de xaneiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou os traballos realizados na estrada LU-P-0609, no Concello de Barreiros, que contaron cunha achega do Executivo Provincial de 140.000 euros. Estes fondos permitiron a renovación do firme nun treito de 5 quilómetros. A estrada dá servizo a parroquia de San Xusto de Cabarcos, na que viven 230 veciños, así como a lugares das parroquias limítrofes, San Xulián de Cabarcos e Vilamartín Pequeno.
Campos Conde remarcou que “as obras permítenlles a preto de 300 veciños achegarse a todos os servizos da Mariña, pois vertebra o interior do concello uníndoo coa Nacional 634, permitíndolles ir ao Hospital da Costa, ao centro médico e ás farmacias, pero tamén opcións de ocio como os cines e tamén a Lourenzá e outras poboacións”.
Os traballos executados, consistentes na limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical; realizáronse nos 5 primeiros quilómetros da vía entre Vilamar e o Cruce da Insua.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



