Riotorto, 28 de xaneiro de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE en Riotorto, José García, puxo en valor este luns os 140.000 de investimento que o Goberno da Deputación destinará para acondicionar 2 quilómetros da LU-P-2801 que transcorre de Santo Tomé por San Adriano, Augaxosa e Mazo, e que comunica Riotorto con Lourenzá. Trátase do derradeiro treito desta estrada, que vai do punto 8,2 ao 10,2, e que quedaba por mellorar.
José García agradeceu o traballo e implicación “do noso compañeiro socialista, o Presidente da Deputación, por ter atendido as demandas dos veciños de Riotorto que lle temos traslado en varios encontros e, deste xeito, facer posible a mellora integral desta estrada provincial, fundamental para as 1.000 persoas que viven na zona, así como para os 3.500 mariñás dos Concellos de Riotorto e Lourenzá, xa que é unha das vías de acceso a estes dous municipios”.
Os traballos do Goberno do PSOE na Deputación na LU-P-2801 consistirán na remodelación integral do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas, repintado e instalación de sinalización horizontal e vertical. Con estas obras o Executivo Provincial mellorará a comunicación ao tempo que se incrementará a seguridade dos usuarios que utilizan a diario esta vía.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



