A Mariña, 28 de Xaneiro de 2019. De novo a moción presentada pola Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña no Concello de Barreiros acadou o voto favorable de forma unánime. Nunha sesión plenaria abarrotada de veciñas e veciños , a moción foi defendida polo portavoz do colectivo, Víctor Vila, tras cederlle o seu primeiro turno de palabra o grupo municipal do Bng e ser este aceptado pola corporación.
Desde a Plataforma Sanitaria queremos de as grazas a todos os gupos políticos que conforman a Corporación Municipal polo seu voto favorable. Agardamos que esto non quede só nun xesto e “ se traslade á Xunta o acordo unánime tomado en Barreiros, para que comecen a traballar na solución deste grave problema sanitario que afecta tamén aos veciños Concellos de Mondoñedo e Lourenzá”- manifesta Víctor Vila.
