Ribadeo, 26 de febreiro de 2019. A Comisión de Carnaval de Ribadeo abriu xa a inscrición para participar no desfile que terá lugar o 5 de marzo, Martes de Entroido. O prazo remata o luns ás doce da noite.
As bases e as fichas de inscrición poden atoparse no facebook EntroidoRibadeo. Desde a organización subliñan que “no que respecta á categoría charanga/comparsa as 10 primeiras en inscribirse recibirán unha achega económica especial de 100 euros cada unha, que se lles entregará en efectivo o mesmo día do desfile, e a maiores contan coa posibilidade de optar a premio”.
Os dorsais serán entregados entre as 15:30 e as 16:30 horas á entrada do Cine Teatro. Todos os participantes deberán estar na avenida Rosalía de Castro cun mínimo de 15 minutos de antelación ao inicio do desfile, previsto para as 17:00 horas.
En total vanse repartir preto de 4.500 euros en premios. Haberá para comparsas/charangas, carrozas, grupos, parellas adultos e individuais adultos; e para as categorías infantís en grupos, parellas e individuais. Tamén haberá dous premios especiais (de carácter honorífico) á mellor mascarita. No acto de entrega dos premios coñecerase o nome dos establecementos doadores dos mesmos.
Desde a Comisión de Carnaval subliñan que “a contía dos premios é similar á das pasadas edicións, aínda que os redistribuímos para fomentar a participación creando premios máis grandes en categorías como parellas, grupos e individuais. E no caso das comparsas/charangas haberá 5 premios, en lugar dos 3 que viñamos dando anos atrás. Queremos facer en Ribadeo un grande desfile, bonito, elegante e masivo. E agardamos que sexa do agrado tanto dos participantes como do público que encherá as rúas de Ribadeo, xa que este Martes de Entroido, é festivo na nosa vila”.
No Desfile participará a Escola Municipal de Música de Ribadeo, pero non optará a premio “colaborando así un ano máis co Entroido ribadense”.
A Comisión de Carnaval anima á veciñanza “a disfrutar do Entroido e a saír esta fin de semana despois da Gala, así como a luns aproveitando que ao día seguinte é festivo. Haberá actividade na rúa e tamén na hostalería ribadense, onde se ofrecerán pratos típicos destas datas coma o cocido ou doces coma orellas, rosquiñas ou filloas”.
O programa de actividades xa deu comezo a pasada fin de semana coa Festa dos Freixós no Teatro.
Este vindeiro sábado, 2 de marzo, ás 21.00 horas no Teatro continuará a programación coa celebración da Gala do Entroido, que xirará entorno a unha temática concreta: a música. Unha hora antes os membros da Carroza do Entroido sairán do parque de San Francisco caracterizados para a ocasión. Desde a comisión organizadora animan “a toda a veciñanza a que se inspire na temática musical para as súas caracterizacións e nos acompañe, ao igual que o farán outros grupos carnavaleiros da vila. A Gala do Entroido será guiada pola ribadende Susana Álvarez e durante a mesma haberá moitas sorpresas, con artistas de renome nacional e internacional”.
No programa de actividades do Entroido 2019 non faltará a comparsa do cocho, que o 3 de marzo (domingo), a partir das 12:00 horas percorrerá as rúas de Ribadeo acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha. Xa pola tarde a partir das 17:00 horas, tócalles aos máis pequenos, que poderán desfrutar do tradicional baile infantil de disfraces na discoteca Rosa Lar.
O luns, 4 de marzo, haberá pasarrúas a cargo da charanga Aturuxo e ás 22:30 horas será a cea do Entroido no restaurante Marinero, no porto deportivo de Ribadeo.
Xa o martes, 5 de marzo, será o día do gran desfile, que sairá ás 17:00 horas da Avenida Rosalía de Castro para percorrer as principais rúas de Ribadeo e rematar diante do Concello, onde será a entrega de premios.
E xa o sábado, 9 de marzo, terá lugar a queima do Entroido. Trátase dun dos actos máis destacados do Carnaval de Ribadeo. Ás 21:00 horas sairá a comitiva fúnebre, acompañada de viúvas e viúvos e das charangas Aturuxo, Os Macanudos e Habelas Hainas, das inmediacións do Concello e trasladarase ata a Avenida Rosalía de Castro onde terá lugar a queima do Entroido, seguida dunha sesión de fogos artificiais e da monumental traca.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



