Lugo, 26 de febreiro de 2019. O Pleno da Deputación aprobou este martes as bases e orzamento do Plan Único 2019 cos votos a favor de PSOE, BNG e PP e co voto en contra do Deputado non adscrito. Supón a inxección de 21 millóns de euros nos 67 Concellos da provincia en base á superficie, poboación, taxa de envellecemento e núcleos de poboacionais de cada municipio. Son os criterios obxectivos de distribución de fondos, que supoñen achegas máximas de 500.000 euros en Concellos como Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba, Viveiro e Sarria, e duns 200.000 en municipios como Rábade, Negueira de Muñiz ou Triacastela.
O Presidente, Darío Campos Conde, detallou que “coas tres pasadas anualidades, levamos 52 millóns aos 67 Concellos con esta programación. Este investimento permitiu executar máis de 900 obras en estradas, rúas, traídas de augas, instalacións deportivas, culturais…, ofrecer 600.000 horas de atención profesional a 2.500 maiores co SAF Básico ou contribuír á celebración duns 4.000 eventos turísticos, deportivos ou culturais no conxunto do territorio lugués”. Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de alegría. A aprobación do Plan Único 2019 é a mellor noticia para a provincia, pois achegamos outros 21 millóns para continuar este traballo, inxectando un total de 73 millóns nos 67 Concellos neste mandato só a través do Plan Único”.
Plan Único 2019
Os Concellos destinarán como mínimo o 50% dos fondos que lle corresponden a novos investimentos. Isto supón que cando menos 10,5 millóns serán para este fin, investimento que todos os anos os municipios deciden incrementar. Outro mínimo de 1,5 millóns é para o financiamento do SAF Básico ou Servizo a Domicilio a persoas non dependentes. Os Concellos tamén poden aumentar este orzamento, atendo ás necesidades dos maiores. O ano pasado fíxose ata os 1,8 millóns. Os restantes 9 millóns poden destinarse a políticas de emprego, actividades turísticas, deportivas e culturais, administración electrónica ou aos grupos de protección civil.
Fondos por Concello
Abadín
329.275,80 €
Alfoz
268.158,30 €
Antas de Ulla
269.541,13 €
Baleira
271.011,24 €
Baralla
286.813,47 €
Barreiros
269.857,07 €
Becerreá
296.700,03 €
Begonte
290.246,58 €
Bóveda
241.688,79 €
Burela
361.693,72 €
Carballedo
310.584,95 €
Castro de rei
380.025,14 €
Castroverde
297.036,59 €
Cervantes
311.428,22 €
Cervo
286.904,29 €
Corgo (O)
329.756,66 €
Cospeito
354.704,69 €
Chantada
455.099,86 €
Folgoso do Courel
270.922,97 €
Fonsagrada (A)
428.690,86 €
Foz
410.084,18 €
Friol
398.304,97 €
Guitiriz
429.524,47 €
Guntín
307.748,47 €
Incio (O)
282.528,84 €
Láncara
290.187,63 €
Lourenzá
248.714,26 €
Lugo
500.000,00 €
Meira
218.660,34 €
Mondoñedo
301.862,80 €
Monforte de lemos
500.000,00 €
Monterroso
297.730,19 €
Muras
283.387,68 €
Navia de Suarna
303.373,75 €
Negueira de Muñiz
190.296,71 €
Nogais (As)
236.851,35 €
Ourol
300.918,94 €
Outeiro de rei
344.203,47 €
Palas de rei
367.306,51 €
Pantón
324.680,78 €
Paradela
279.178,60 €
Páramo (O)
241.845,62 €
Pastoriza (a)
317.851,11 €
Pedrafita do Cebreiro
250.740,41 €
Pobra do Brollón (a)
281.702,27 €
Pol
261.969,64 €
Pontenova (a)
268.743,11 €
Portomarín
259.302,45 €
Quiroga
342.231,92 €
Rábade
193.177,35 €
Ribadeo
430.058,60 €
Ribas de Sil
227.565,93 €
Ribeira de Piquín
228.797,34 €
Riotorto
234.354,98 €
Samos
271.415,00 €
Sarria
500.000,00 €
Saviñao (o)
372.095,67 €
Sober
317.491,65 €
Taboada
319.880,36 €
Trabada
248.838,69 €
Triacastela
199.139,26 €
Valadouro (O)
282.708,15 €
Vicedo (O)
251.292,22 €
Vilalba
500.000,00 €
Viveiro
500.000,00 €
Xermade
301.341,24 €
Xove
271.772,67 €
Totales
20.999.999,94 €





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.