Muras, 26 de febreiro de 2019.- A Xunta de Galicia investiu preto de dous millóns de euros, no último ano, en novas obras e servizos en beneficio da veciñanza de Muras, unha achega económica moi relevante que incluso supera a totalidade do orzamento municipal (1,8M€) do que dispón este concello.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que visitou esta mañá a localidade, quixo facer balance destes investimentos e poñer en valor o compromiso do Goberno galego como a administración que máis inviste en Muras.
“De feito, as achegas da Xunta son aínda maiores, se temos en conta que nesta cifra de investimentos de máis de dous millóns de euros, non están incluídos outros servizos públicos importantísimos, sostidos e financiados pola Xunta, como son o funcionamento do centro de saúde e do colexio da localidade”
Ampliación da rede de abastecemento e novas caldeiras de biomasa
As achegas máis relevantes no municipio teñen que ver cos apoios aos profesionais do medio rural. Destináronse máis de 900.000 euros en axudas directas a agricultores e gandeiros, que serviron, entre outros, para financiar os de plans de mellora, novas incorporacións e de apoio a pequenas explotacións
As achegas da Xunta, permitiron tamén investir máis de 400.000 euros en novas infraestruturas e equipamentos. Entre eles a posta en marcha das redes de saneamento en cinco núcleos da localidade (Musdradas, A Bidueira, Abelaira, Cabanela e Ucheiras), a instalación de caldeiras de biomasa na Casa do Concello e na Casa da Cultura (Casa Rouco) ou a compra de material para a creación dunha aula da natureza itinerante.
En materia de infraestruturas, Muras tamén foi un dos municipios beneficiados polas distintas fases de mellora da LU-540, estrada da Gañidoira, na que se desenvolveron tarefas de reforzo do firme e mellora da calzada naqueles puntos nos que, polo uso e os condicionantes climatolóxicos, presentaba algún deterioro.
O Goberno galego tamén financia importantes achegas para en materia de benestar. De feito, neste período destinou máis de 150.000 euros ao sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes. Outros apoios relevantes están no ámbito do emprego, máis de 280.000 á posta en marcha do obradoiro que comparte cos concellos de Ourol e do Vicedo e 24.000 euros adicionais para a contratación dun socorrista e dous traballadores ao abeiro do programa Aprol Rural.
A Xunta tamén achegou preto de 200.000 euros a Muras con cargo ao Fondo de Cooperación Local, unha contía que o Concello pode destinar a financiar aquelas obras e servizos que estime máis convenientes, sen ningún tipo de traba ou condicionamento.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



