Ribadeo 28.02.2019. ABANCA e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (ACISA)reforzaron a súa colaboración a través dun novo convenio que permite facilitar o crédito a autónomos e pemes co obxectivo de impulsar a reactivación económica e comercial desta localidade lucense.
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, e o director da oficina de ABANCA en Ribadeo, Ángel Macía, rubricaron hoxe na localidade un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial local.
O convenio facilita que os asociados accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, anticipos (sen xuros ou comisións) ou liñas de desconto comercial. O documento tamén pon a disposición dos asociados liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos. Así, as empresas adheridas poderán dirixirse ás oficinas de ABANCA para solicitar información e financiamento, a través desta liña aberta polo banco e a Deputación de Lugo.
Do mesmo xeito, os asociados poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con ICO e IGAPE, así como coa sociedade galega de garantía recíproca Afigal.
O acordo tamén pon a disposición deste colectivo de empresarios e autónomos a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica).Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifaspersonalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.
Así mesmo, os asociados poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA, ademais, poñerá a disposición destes profesionais o seu servizo de banca electrónica.
O novo documento incluso permite que aqueles empresarios que estean a pensar ampliar o seu negocio á venda por Internet poidan gozar dun desconto do 20% na creación dunha tenda online, grazas a un acordo de ABANCA coa empresa Palbin.
Doutra banda, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, o banco conta con un grupo de profesionais especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapte ás necesidades de cada asociado.
ACISA Ribadeo agrupa os intereses de comerciantes, profesionais e empresarios desta localidade da Mariña, que exercen a súa actividade nunha ampla representación de sectores estratéxicos. Pola súa parte, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.