Ribadeo, 1 de febreiro de 2019. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ultima os detalles da súa VIII Gala, que terá lugar o 22 de febreiro no Parador de Turismo de Ribadeo ás 21:30 horas. No evento renderase homenaxe a Carmen Valdés, Ramona Reigosa, José Luis Botana e Ramón Leivas. Este foi un dos asuntos abordados na Asemblea Xeral Ordinaria de Acisa celebrada onte.
A VIII Gala será unha cita moi especial, xa que se conmemorará o 30 aniversario da creación de Acisa. Desde a directiva do colectivo empresarial subliñan que “as persoas homenaxeadas neste 2019 son unha mostra de traxectorias como comerciantes, hostaleiros e empresarios do sector servizos á fronte de negocios que forman parte da historia desta vila. E desde a asociación cremos que, tras unha vida cara ao público, detrás dun mostrador, abrindo os seus establecementos, vivindo bos e malos momentos, e tendo sido socios de Acisa, cremos que é unha moi boa ocasión facerlles este recoñecemento coincidindo coa súa xubilación”.
E engaden: “nos vindeiros días pecharemos todos os detalles deste evento, nos que haberá algunha que outra sorpresa”. As tarxetas para asistir á VIII Gala de Acisa están á venda nas oficinas da asociación, sitas na rúa Viejo Pancho, 13-baixo. O prezo é de 30 euros.
Conta xeral de ingresos e gastos
Na Asemblea Xeral Ordinaria de Acisa tamén se aprobou a conta xeral de ingresos e gastos de 2018. O exercicio pasado pechouse cun saldo positivo en tesourería de 34.363 euros. Tamén se deu visto bo por unanimidade ao presuposto para 2019, que ascende a máis de 95.000 euros, sen contabilizar a subvención da Xunta de Galicia deste ano, xa que aínda non foi convocada. Desde Acisa explican que “durante o ano 2018 a asociación tivo 136.000 euros de gastos, dos que 68.000 recaeron en gastos de campañas de dinamización hostaleira, comercial, realización de eventos, actividades, compra de material para socios. Uns 4.000 euros destináronse a colaboracións con entidades que realizan eventos para atraer xente a Ribadeo e que desde Acisa consideramos moi importantes. Oito mil cincocentos euros foron destinados a premios en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. 56.000 euros corresponderon a gastos derivados de aluguer do local, auga, luz, impostos, Seguridade Social, soldos, publicidade, seguros, comisións bancarias. En relación aos cobros e ingresos a cifra é de algo máis de 115.000 euros, dos que 40.000 corresponden a cotas de socios e o resto ás subvencións da Xunta de Galicia, o Concello e a Deputación de Lugo”. E engaden que “Acisa comezou o 2018 con algo máis de 55.000 euros en tesourería, aos que sumamos os ingresos do exercicio e restamos os gastos, o que deu un peche de ano de máis de 34.000 euros”. Desde a presidencia e a xerencia de Acisa lembran que todos os socios poden consultar as contas con todo detalle nas oficinas da
asociación.
Actividades
Na xuntanza tamén se repasaron as actividades realizadas ao longo de 2018 e se analizaron as posibles a levar adiante durante este 2019. Ás campañas clásicas dos días de San Valentín, o Pai, a Nai, a Noite Cálida ou o Mercado de Rúa uniranse o II Desfile de Charangas, o I Festival Intercéltico, o Domingueo en Ribadeo, a Festa do Comercio, xornadas gastronómicas, xornadas de formación e campañas de concienciación, que se perfilarán ao longo das vindeiras semanas.
Acisa tamén acordou mercar novas partidas de bolsas para distribuír entre os establecementos asociados.
Durante a Asemblea Xeral Ordinaria tamén se expuxo aos asistentes un dos proxectos de futuro nos que traballa a asociación “e que se basea en buscar a fórmula que nos permita subirnos ao carro das novas tecnoloxías e de crear un incentivo máis ao comercio, á hostalaría e servizos a través dunha plataforma informática común, que serva de escaparate e punto de venda. Tamén estamos a estudar a posibilidade de crear un bono turístico, que incluiría unha oferta de actividades a realizar en Ribadeo. Sobre isto seguiremos a traballar e volveremos levalo a reunión. Será despois dun tempo prudencial no que poidamos escoitar a opinión dos nosos socios e socias”. Enriba da mesa quedou a proposta de incluír ás grandes superficies de Ribadeo como socios de Acisa cunha cota especial: “pensamos que se trata dun tema que temos que abordar en profundidade, sobre todo entre o sector do comercio”.
O 2018 pechouse para Acisa con 159 socios. Houbo 16 baixas, 8 delas por peche, e 30 altas. Desde a directiva sinalan que “é a maior cifra de novas adhesións a Acisa dos últimos anos. Agardarmos seguir medrando nos vindeiros meses. Insistimos sempre en que cantos máis sexamos, máis posibilidades temos de facer máis campañas e de conseguir máis cousas para as nosas asociadas e asociados”.
A Asemblea Xeral Ordinaria de Acisa discorreu con normalidade. Os asuntos da orde do día sometéronse a debate e votación. Unha parte importante foron aprobados por unanimidade e outros por maioría.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



