Cervo,
23 de febreiro, 2019. Alfonso Villares aspira a revalidar a súa cuarta maioría absoluta nas eleccións municipais de maio. Así o subliña o popular, logo de acadar a confianza da dirección provincial para ser o candidato desta formación política no municipio de Cervo. Deste xeito, e de obter o apoio da cidadanía, este sería o cuarto mandato do cervense á fronte da entidade local
Alfonso Villares amósase satisfeito do traballo feito nestes últimos anos, “pois este permitiunos cumprir o programa nunha alta porcentaxe”. Con todo, subliña que “non me conformo” e que lle gustaría voltar a acadar a maioría para dar continuidade “ao modelo de municipio que construímos nestes anos”; o mesmo, asegura, que contribuíu a poñer en marcha a residencia e o centro de día.
“O noso compromiso cos cervenses é indudable. Puxemos en funcionamento este servizo e, por tanto, unha mellor atención aos veciños. Pero é que, ademais, creamos novos postos de traballo nun campo que, debido ao avellentamento da poboación, é cada vez máis demandado. Cubrimos así, dúas necesidades que son prioritarias para este goberno: que os cidadáns teñan unha calidade óptima e xerar emprego no concello”, remarca.
Próximos retos
O popular márcase como obxectivo “continuar na mesma senda” e ofrece todo o seu empeño para “seguir achegando sevizos básicos e necesarios aos cidadáns tanto da zona urbana, como da rural”. A modo de exemplo cita a mellora do saneamento das diferentes parroquias.
Por todo elo, a presidenta provincial, Elena Candia, agradece ao alcaldable “o seu compromiso cos veciños e a eficaz xestión á fornte do ente local”. A dirixente dos populares tampouco dubida en recoñecer que Villares “é o mellor candidato e alcalde que pode ter este concello”.
Traxectoria no PP
Alfonso Villares é natural de Cervo e veterinario de profesión. Ademais, dispón dunha dilatada traxectoria dentro do Partido. No ano 95 entrou como concelleiro desta formación; posto que ocupou ata 1.999. Dende este ano ata 2007 foi edil de goberno e, dende 2007 ata a actualidade, é o alcalde deste municipio mariñano.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



