Foz 21-2-19. Este venres día 22 de febreiro, celebraremos no Colexio Martínez Otero de Foz, con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, a “FESTA DA SOLIDARIEDADE”. Nesta celebración, que para nós é cada día do ano, pretendemos sensibilizar á comunidade educativa sobre un problema que golpea con forza no mundo como é a falta de alimento. Deste xeito, e con esta celebración, tentamos recadar fondos para colaborar con proxectos que Mans Unidas ten abertos en diversos países do terceiro mundo. Este ano, o lema non deixa lugar a dúbidas: “POLA IGUALDADE E A DIGNIDADE”. Como reza un dos carteis da campaña, “o mundo non necesita máis comida e si máis xente comprometida”.
Así, entre as 13h30 e as 14h30 deste venres 22, terá lugar o reparto, e consumición, do “bocata solidario”, que os membros da comunidade educativa, que así o desexaron, mercaron a razón de 3,5€. Acto seguido, comezará a “Rifa solidaria”. Cada bocadillo consumido dá dereito a participar nunha rifa na que se sortean 60 lotes de produtos doados por diferentes entidades.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



