Burela 26-2-19. En dúas ocasións o Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia, ven de corrixir ó goberno de Burela, por erros graves na tramitación de contratos públicos. Estes feitos que dende CxG denunciamos que deixan ver ás claras que se esta actuando en beneficio de determinadas empresas, por algún tipo de interese que non é o de Burela. O ultimo concurso emendado era de 4,8 millóns de euros case nada,
“Este mesmo concurso, que dende CxG reclamamos que se deixe para a seguinte lexislatura, e do que por certo o PSOE se comprometeu a municipalizar, a recollida de lixo e limpeza de rúas, vai no seguinte pleno, a que ven tanta presa? Que favor teñen que pagar? Dende Compromiso podemos apostar a que o adxudicatario será GESECO” manifestou José Luís Moñita, coordinador comarcal de CxG.
Entendemos que o PSOE da por perdida esta alcaldía é dalgún xeito quere deixar os favores pagados, recentemente recibimos información do que pode ser unha contratación ilegal do subministro eléctrico, sen concurso e sen trámites, en relación a isto pedimos unha serie de información ós técnicos dos Concello, se non se nos facilita en cumprimento da lei de transparencia denunciaremos os feitos no TACGAL e diante da fiscalía, estas actuacións do PSOE dan que pensar.
“O PSOE de Burela, ten a xestión esquecida, non cumpre co prometido e por riba fai xestións escuras na contratación, na que si poñen dilixencia, iremos vendo os intereses de cada quen e de algún membro do goberno” dixo Moñita