O menú consistirá nun aperitivo especial; sopa de cocido ou caldo galego; e cocido con lacón, cacheira, lisco, morro, chourizo, chosco, patacas, garabanzos e grelos. De sobremesa: filloa, filloa rechea de crema e leite fretida. Estes pratos acompañaranse de viño tinto Mencía Alma (D.O. Monterrei), augas minerais, café e licores da terra.
O prezo por persoa é de 25 euros.
