Mondoñedo-Ferrol, 19 de febreiro de 2018.- O Colectivo Campamento Diocesano (CCD) de Mondoñedo-Ferrol continúa coa celebración do 40 Aniversario da súa creación. Para conmemorar esta efeméride, dende a coordinadora do CCD elaborouse un programa de actividades que leva por título “40 anos facendo camiño con Xesús” e que inclúe os seguintes actos:
“40 anos de imaxes con Xesús”. Exposición fotográfica itinerante que se inaugurou na parroquia do Carme, en Ferrol, o pasado 4 de xaneiro e que xa percorreu diferentes lugares da nosa diocese: San Xosé Obreiro de Narón (do 18 ao 31 de xaneiro), Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros (do 1 ao 14 de febreiro) e Seminario de Mondoñedo (do 15 ao 28 de febreiro). En vindeiras datas estará en Ribadeo, tanto na parroquia como no local da Agrupación Belenista, e despois pasará por localidades como Foz, Burela, Viveiro ou Vilalba, entre outras.
“40 anos cantando con Xesús”. Festival de música que se terá lugar este sábado, 23 de febreiro, no salón de actos do seminario de Mondoñedo. Dará comezo ás 18:30 horas da tarde con entrada libre e gratuita. Participarán dous recoñecidos músicos da Mariña, como son Tere Nécega e Tono Alonso, ademáis doutras tres agrupacións: Dominus Tecum –dúo conformado polos irmáns Javier e Óscar Santiago, ambos sacerdotes da nosa diocese–, Disco Compacto –dúo no que participan o coordinador do CCD, Álvaro de Lamas, e o acordeonista Nacho Álvarez– e P.I.L.I. (Pladurian Innovation Lambuxos Initiative) –trío creado para a ocasión polos irmáns Baruk e Rosana Domínguez e o percusionista Pablo del Valle–. No festival tamén se coñecerán os gañadores do I Certame Literario Infantil e Xuvenil do CCD, ao cal están convidados a participar todos aqueles rapaces de entre 9 e 17 anos que pasaran algunha vez polo campamento. O prazo de entrega dos traballos ao correo campadiocesano@hotmail.com finaliza este xoves, 21 de febreiro. Os galardoados terán a oportunidade de ler os seus traballos –o formato é libre (conto, poesía, relato curto…) pero a temática terá que estar relacionada co campamento– no transcorrer do festival. Ao finalizar o evento, haberá unha gran chocolatada para todos os asistentes.
“40 anos celebrando con Xesús”. Romaría popular que terá lugar o 25 de maio en Vilalba ,e coa que se darían por pechados os actos de celebración
Ademais destes eventos especiais, o CCD organiza coma todos os veráns o campamento diocesano nas instalacións do Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. Nesta ocasión, as datas van do 19 ao 28 de xullo. Poden participar rapaces e rapazas que naceran entre os anos 2001 e 2011. O prazo para facer a preinscrición comezará, previsiblemente, no segundo trimestre deste ano.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



