O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron os traballos de mellora que se veñen de acometer no Ecomuseo de Cervo. En concreto, delimitáronse locais coa instalación de novas portas facendo as estancias máis acolledoras. Na actualidade neste edificio impártense clases das Escolas Deportivas, obradoiros de memoria e é o escenario de diferentes exposicións ao longo do ano
