Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 19. A deputada socialista da Mariña, Patricia Otero, sinalou hoxe á “incompetencia e abandono” na xestión do goberno galego como única causa do deterioro progresivo da calidade asistencial na Atención Primaria e Pediátrica en toda A Mariña. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a falla de persoal e carencias materiais nos centros de toda a comarca.
Otero levou ao Parlamento as protestas de cidadáns, profesionais da sanidade e colectivos diante da falla de cobertura dende o goberno galego, que renuncia a cubrir vacantes e baixas e a reparar as carencias estruturais dos edificios dedicados á atención sanitaria. Así, apuntou ás 2nefastas condicións laborais e o “mangoneo e desatención” nos centros sanitarios de Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo, sen pediatra ata o punto de incumprir os calendarios de vacinas.
A xornada reducida imposta ao pediatra de Foz –continuou- provocou colapsos tamén nas localidades veciñas de Alfoz e Valadouro, mentres Viveiro, O Vicedo e Ourol comparten un só pediatra para 2.000 rapaces e rapazas. O PAC de Viveiro non está a cubrir as baixas de persoal, provocando esperas de máis de 10 días porque hoxe hai 4 médicos menos, entre eles un pediatra, nun inmoble con evidentes problemas estruturais.
O Sergas tamén renunciou a cubrir o médico e o PSX vacantes dende abril de 2018 na Pontenova, mentres as 6 enfermeiras do Centro de Saúde de Burela non son substituídas nas vacacións nin nas baixas, chegando a verse tan só con 3 enfermeiras. No PAC de Burela só hai dúas consultas para médicos e 1 para enfermería, nunha localidade que ten que atender ademais aos nenos e nenas de Xove logo de que o Sergas negara a substitución do pediatra.
Otero lembroulle acusou ao conselleiro de Sanidade de tratar aos galegos e galegas “como números, e non persoas con problemas de saúde”, e pediulle que atenda tamén aos alcaldes do PP de Barreiros e Mondoñedo, que coincidiron en reclamar a cobertura da vacante de pedi



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



