Barreiros 28-2-19. Un total de 7 bares pertencentes á asociación de Hostelería de Barreiros toman parte na actividade “DisfraBAR”. Trátase dunha idea novidosa na que serán os establecementos de hostalería os que estarán disfrazados durante os días 4, 5 e 6 de marzo, con temáticas de antroido cada un deles. É dicir, luns, martes e mércores.
Os establecementos participantes son o Bar Centro Social, Moderno, O Asador, Lozano, A Curva, A Yenka e La Barrica, que durante estes tres días selarán unha papeleta por cada consumición realizada. Cada papeleta selada na súa totalidade nos 7 establecementos poderá entrar nun sorteo dun menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Ademais, as persoas que visiten estes locais poderán escoller o bar que máis lle gustara. O establecemento que máis votos teña será galardoado como o gañador do “DisfraBAR 2019”.
Como peche, o mércores a partir das 20:00h., as comparsas barreirenses “Habelas Hainas” e “Os Macanudos” percorrerán e actuarán nestes locais, agás no Asador que como de costume o mércores pola tarde permanecerá pechado.
Para facilitar a asistencia e favorecer a mobilidade segura, haberá un bus gratuíto durante os 3 días, para o cal se conta coa colaboración do Concello de Barreiros. O bus fará os seguintes horarios:
– Luns, de 19h. a 24h.
– Martes, de 12h. a 16h. e de 19h. a 24h.
– Mércores, de 19h. a 24h.
O bus fará un percorrido circular cunha frecuencia aproximada de 30 minutos. Partirá sempre do Centro de Saúde de San Cosme ás horas marcadas como hora de inicio, e continuará o percorrido parando nos seguintes lugares: O Asador, Bar Lozano, A Curva, Parada de bus de Vilamartín Grande, Parada de bus de San Miguel de Reinante (ao lado do aparcamento), A Yenka, La Barrica e de novo Centro de Saúde para volver a comezar. As persoas que desexen usar este servizo poderán subir e baixar na parada que consideren, estar nos bares participantes e agardar a que volva pasar de novo o bus para continuar a ruta no bar que escollan.
O sorteo do premio terá lugar o día 8 de marzo, na praza do Concello, durante a festa do Entroido de Barreiros. As papeletas deberán depositarse nun buzón habilitado para este efecto, que estará dispoñible na zona de baile. A recollida do vale do premio deberá facerse
presencialmente. No caso de non aparecer a persoa gañadora, sortearase de novo. Igualmente, no caso de que a papeleta escollida non estea selada na totalidade dos bares, esta será inválida e realizarase o sorteo de novo.
O premio poderá ser desfrutado nos restaurantes A Curva, A Yenka, La Barrica ou O Asador. Consistirá nun menú de sopa de cocido, cocido, postre tradicional, café, viño da casa, gaseosa e auga, para un grupo de 10 persoas. Deberá consumirse durante o mes de marzo, previa reserva dunha semana.























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



