Ribadeo, 18 de febreiro de 2019. O Partido Popular critica ao alcalde de Ribadeo e ao seus equipo de goberno por arranxar os viarios do concello con rapidez e sen planificación, o que ten consecuencias negativas. Así o explica candidato do PP á Alcaldia ribadense, Daniel Vega, que pon como exemplo o deterioro do asfalto na rúa Alfredo Deaño, que foi mellorada recentemente.
Daniel Vega comentou que “todos podemos observar que nos últimos días se está aglomerando todo cunha rapidez absoluta e isto ten unhas consecuencias negativas. E pagámolo todos, cos nosos impostos e ademais ao facelo con tanta rapidez pagamos outra vez un desastre, porque este goberno non ten unha planificación. Si durante este mandato houbera unha planificación para aglomerar as nosas infraestruturas na vila e no rural non tería pasado o que está acontecendo agora na rúa Alfredo Llano, onde o asfalto está abrindo. E isto pasa porque nin hai tempos de espera para que o aglomerado compacte nin hai unha planificación para facer as obras durante as épocas nas que se pode realizar ese traballo”.
O candidato popular á Alcaldía ribadense engadiu que “os caprichos do señor Suárez e do seu equipo de goberno de aglomerar todo a última hora para que os veciños de Ribadeo visualicen que hai un traballo dun goberno acredita que estamos despilfarrando o diñeiro porque agora hai que volver arranxar esta rúa Alfredo Deaño. Invítovos a pasar por ela e poderedes observar que o asfalto está abrindo e os veciños de Ribadeo xulgaredes se é un bo traballo ou unha mala execución dun presuposto que ten un destino claro, que é investir nas nosas estradas, pero investir ben significa unha planificación concreta para o arranxo das nosas infraestruturas”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



